Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Padrón municipal. Normas e obtención do certificado

Padrón municipal

O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde consta a veciñanza dun municipio. Os seus datos constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual nel. As certificacións que dos devanditos datos se expidan terán carácter de documento público e fidedigno para todos os efectos administrativos.

Toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no Padrón do municipio no que resida habitualmente. Quen viva en varios municipios deberase inscribir unicamente no que habite durante máis tempo ao ano. 

  • Na oficina do Rexistro Xeral Municipal, situada en Praza Ramón Dopico, 1 Arteixo todo tipo de trámites.

Presencial: que se necesita?

Documentación xeral para a inscrición (SEMPRE A DOCUMENTACIÓN ORIXINAL).

  • Folla de inscrición do padrón: (Descargar documento). Deberá ser asinada por todas as persoas maiores de idade.
  • Documentación acreditativa da identidade:
    • Españois: DNI (obligatorio para maiores de 14 anos)
    • Extranxeiros:
      • Cidadáns de Estados membros da Unión Europea, Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suiza: Certificado de RExistro de Ciudadano da Unión, na que consta o Número de Identidade de Extranxeiro (NIE), xunto con él documento acreditativo da identidade ou pasaporte expedido polas autoridades do seu país.
      • Resto: Tarxeta de identidade de extranxeiro expedida polas autoridades españolas, na que consta o Número de Identidade de Extranxeiro (NIE) ou, no seu defecto, pasaporte expedido polas autoridades do seu país.
      • Menores de idade:
        • Hasta os 14 anos: Libro de familia ou Certificación Literal de Nacemento.
        • Maiores de 14 anos, os mesmos documentos esixidos polos maiores de idade e o Libro de familia ou Certificación Literal de Nacemento.

OS DOCUMENTOS DE IDENTIFICACIÓN DEBEN ESTAR EN VIGOR.

Menores non emancipados: Libro de familia ou Certificación literal de nacemento.

Empadroamento cun só proxenitor:

  • Declaración responsable para o empadroamento de menores cun só proxenitor cando non hai consentimento de ambos nin autorización xudicial e non existe resolución xudicial que se pronuncie sobre a garda e custodia. (Descargar documento).
  • Se a garda e custodia é compartida, deberá aportarse o mutuo acordo de ambos proxenitores, acompañado cos dous documentos de identidade correspondentes.
  • Declaración responsable para o empadroamento de menores cun só proxenitor cando non hai consentimento de ambos nin autorización xudicial e o solicitante ten atribuída a garda e custodia en exclusiva. (Descargar documento).
  • Incapacitados: Resolución xudicial que acredite a representación legal.
  • xustificación da utilización da vivenda. (Obrigatoriedade de presentar documentación orixinal)
  • Título de propiedade (Escritura completa, contrato de compraventa, Nota do Rexistro, ou recibo do Imposto sobre Bens Inmobles)
  • Contrato vixente de arrendamento asinado en tódalas follas por arrendador e arrendatario da vivenda para o uso de residencia habitual acompañado do último recibo de aluguer.
  • En caso de Autorización de persoa empadroada: Título acreditativo da posesión efectiva da vivenda (propiedade, aluguer…) a nome da mesma.

Se non pode xustificar con documentación a utilización da vivenda:

  • En vivendas prestadas sen documentación que o acredite, o propietario deberá asinar a folla de padrón autorizándoo/a a empadroarse no devandito domicilio (páxina 2 do modelo SOLICITUDE DE ALTA NO PADRÓN DE HABITANTES).
  • Presentar DNI ou documento de identificación orixinal; documento de xustificación da utilización da vivenda segundo o apartado de xustificación da utilización da vivenda.
Ir al contenido