Ir o contido principal

Deportes

Servizo Municipal de Deportes

 

Misión, VISIÓN E VALORES do Servizo Municipal de Deportes

  1. 1 MISIÓN

Liderar o sistema deportivo de Arteixo mediante unha xestión eficaz e transparente, fomentando o tecido asociativo e promovendo espazos, programas e actividades deportivas para a mellora da calidade de vida da veciñanza.

 

  1. 2 VISIÓN

Ser un referente para a veciñanza como elemento coordinador, vertebrador e impulsor dunha oferta deportiva de calidade, satisfacendo as expectativas e demandas cidadáns

 

  1. 3 VALORES
    • Eficiencia na xestión
    • Optimización na financiación dos servizos
    • Valoración da calidade de Recursos Humanos como parte esencial da organización
    • Apoio ao desenvolvemento do tecido asociativo deportivo local
    • Implementación de programas deportivo saudables na oferta deportiva municipal
    • Considerar o aforro enerxético e o desenvolvemento sostible como parte esencial na xestión das instalacións deportivas municipais.

OBXECTIVOS XERAIS DO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES

  1. Facilitar o acceso á actividade físico deportiva do maior número posible de persoas

 

  1. Coordinar co tecido asociativo a oferta deportiva para a xestión eficiente da programación deportiva municipal, que mellore a calidade do sistema deportivo municipal

 

  1. Construír e xestionar instalacións deportivas comunitarias

 

  1. Desenvolver unha xestión municipal desde os parámetros de eficacia, eficiencia e transparencia.

 

PROGRAMAS DEPORTIVOS MUNICIPAIS

Desde o Servizo Municipal de deportes ofértanse os seguintes programas deportivos:

  • Programa Escolas Deportivas Municipais 
  • Programa Actividades Deportivas Extraescolares 
  • Programa de Natación Escolar 
  • Liga Municipal de Fútbol Sala 
  • Programa Espectáculos e Eventos deportivos
  • Programa Deporte na natureza 
  • Programa apoio ao deporte federado 
  • Oferta Complexo Deportivo Municipal de Arteixo
  • Programa Deportivo de Verán

 

Regulamento de utilización das instalacións deportivas municipais

Novas

Torneo de fútbol de veteráns

Esta semana celébrase unha nova edición do Torneo de Fútbol de Veteráns Concello de Arteixo, no que compiten os 7 equipos de veteráns do concello máis un equipo convidado.

Resultado sorteo prazas Actividades Extraescolares

Adxuntamos listaxe de persoas admitidas nas prazas vacantes das Actividades Extraescolares do curso 2019/2020 nos centros escolares de Arteixo, como resultado do sorteo público celebrado o 17 de agosto ás 11.00 h no Concello, no que a letra resultante de dito sorteo foi a "Y".