Ir o contido principal

Xuventude aposta novamente por viaxar a Leitariegos para disfrutar da neve

O departamento de xuventude organiza, para o 21 de febreiro próximo, unha viaxe á estación invernal de Leitariegos. 

Trátase dunha viaxe de dous días, con regreso a Arteixo o 23 de febreiro, para o que teñen preferencia os empadroados en Arteixo de entre 12 e 25 anos. 

O prezo da viaxe, 120 euros, inclúe o transporte, estadía, manutención, monitores, clases de esquí, animación, alugamento de material, remontes e seguros. 

neve