Ir o contido principal

A vixésimo novena edición do certame Manuel Murguía xa está en marcha

O director literario do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía fai públicas as bases da 29ª edición desta presitixiosa cita literaria que repartirá máis de 6.000 euros en premios. 

Alfredo Ferreiro anunciou esta nova convocatoria ao amparo da presentación do libro "A secreta melancolía da garza" que recolle os relatos vencedores nos tres anos anteriores no Certame. Nese acto tamén participaron, nunha tertulia literaria, José António Lozano e Tiago Alves Costa, autores do libro; o Alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo; o deputado de Cultura da Deputación da Coruña Xurxo Couto e o escritor Xavier Alcalá, que representou á Editorial Galaxia e oficiou como mestre de cerimonias. 

As bases da nova edición do certame, como os anteriores, establece que poden concorrer ao mesmo textos orixinais escritos en ligua galega e cunha extensión de entre 15 e 30 páxinas. Deben de se enviar con seudónimo e só contendo os datos persoais nun sobre fechado. O prazo finaliza o 29 febreiro de 2020. 

Establécese un primeiro premio de 4.000,00 €; un segundo, de 1.500,00 €; e un terceiro, de 600,00 €, todos eles sometidos á correspondente retención. Os relatos poderán ser publicados nunha edición colectiva.

libro

 

Documentos: