Listaxe de admitidos no proceso de selección de tres prazas de conserxe
O Departamento de Persoal publica a "Listaxe definitiva de admitidos no proceso de selección de tres prazas de conserxe"
DIRIXIDA A ENTIDADES DEPORTIVAS DO CONCELLO DE ARTEIXO, CENTROS ESCOLARES E ENTIDADES VECIÑAIS
REQUISITOS PARA SOLICITAR AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
As entidades deportivas que pretendan solicitar a utilización das instalacións deportivas municipais deberán reunir os seguintes requisitos:
DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA TRAMITAR A SOLICITUDE:
NORMATIVA DE APLICACIÓN. Regulamento de Instalacións Deportivas e Escolas Deportivas Municipais do Concello de Arteixo, publicado no BOP de 6 de novembro de 2015
PREZO PÚBLICO.
A utilización das instalacións deportivas municipais suxeitaranse ao previo pagamento do prezo público estabelecido na ordenanza fiscal número 8, reguladora da taxa por prestación do servizo público do complexo deportivo municipal de Arteixo, prestación de servizos noutras instalacións deportivas e outros servizos análogos
Gozarán dunha bonificación do 100% do importe da cota tributaria sinalada no artigo 5A e 5B as entidades deportivas sen ánimo de lucro que desenvolvan actividade deportiva federada regular en Arteixo e que estean incluídas no Rexistro Municipal de Entidades con baixa capacidade económica.
Este beneficio fiscal terá un carácter rogado a solicitude da entidade interesada e con carácter anual nas datas que determine o Servizo Municipal de Deportes. Someterase a informe do Servizo Municipal de Deportes que prestará conformidade se procede, ao beneficio fiscal que aquí se regula. O informe do Servizo Municipal de Deportes terá en conta a capacidade económica da entidade solicitante, tendo en conta a simulación do pago anual das taxas pola utilizacións das instalacións deportivas municipais, comparando este importe das taxas co resultado económico da súa actividade global no exercicio anterior.
Considerarase que a entidade cumpre co requisito da baixa capacidade económica, se como resultado da simulación do pago anual das taxas pola utilizacións das instalacións deportivas municipais, sae un importe maior que o resultado económico da súa actividade global no exercicio anterior ao da solicitude.