Compromiso:

  1. Apoiar todas as propostas de difusión e distribución de creacións culturais feitas pola mocidade, sexa ou non asociada, ben a traveso de apoio económico ou de recursos.
  2. Facilitarlle á mocidade o uso dos espazos de difusión e producción (lugares de exposición, auditorios para execución de obras, ...).
  3. Crear material impreso ou dixital (catálogos, fanzines, ...) que recolla todas as creacións culturais da mocidade local.

Certame de Banda Deseñada: Espazo para difundir e premiar as obras dos novos autores de banda deseñada e outras técnicas de animación. Idades:Autores de cómic e curtametraxes de animación sen límite de idade. Datas: marzo - abril 2008.

Plataformas de difusión de creadores: O Concello intentará adaptar a sección de xuventude na páxina web para acoller nun CATÁLOGO VIRTUAL as características de todos os grupos culturais e artistas do Concello (fotos, descripción, currículum, ...). Cada un posuirá unha clave para acceder ao seu espazo e actualizar currículum, actuacións, fotos, ... Posteriormente, propoñerase elaborar un catálogo publicitario con DVD de música e actuacións diversas coa colaboración doutras entidades. Idades: artistas, colectivos ou individuais doutra entidade. Datas:xaneiro - decembro 2008.