Compromiso:

  1. Apoiar todas as propostas organizadas pola mocidade, sexa ou non asociada, ben a traveso de apoio económico ou de recursos, sempre que se cumpran uns criterios mínimos de responsabilidade, organización e legalidade.

Programa de Portátiles para Alumnos - Proxecto Ponte dos Brozos: Subvencións a fondo perdido para a compra do ordenador portátil, para alumnado do IES Sabón e IES Pastoriza, segundo un baremo estabelecido na ordenanza reguladora.Datas:Solicitudes nos prazos de matrícula dos IES.

Axudas á mobilidade de estudiantes: 100 axudas destinadas ao Alumnado de ensino non obrigatorio (Baherelato, Formación profesional e Universidade), empadroado en Arteixo e que estudie curso oficial en calquera centro/campus público ou concertado de Galicia.Datas:22 de novembro ao 21 de decembro.

Concurso de propostas xuvenís: Concurso dividido en tres seccións ao longo do ano, para que a xuventude de Arteixo presente as ideas de actividades a organizar en conxunto con Departamento de Xuventude. O gañador en cada sección coorganizará a actividade, segundo o proxecto presentado, contando cos recursos do Departamento de Xuventude.

Préstamos de material para a execución de actividades: Cada grupo natural de mocidade ou asociación, pode solicitar material do que posúe o Departamento para realizar as súas actividades, asumindo un acordo no que se detalla: datas de recollida e entrega, uso do material, persoas responsables do material. Para retirar o material a asociación ou grupo deberá entregar unha pequena fianza, segundo o material do que se trate.