Compromiso:

  1. Apoiar a todos os grupos musicais e artistas de Arteixo, ofrecéndolles espazos e momentos para a difusión da súa obra.
  2. Acoller nestas actividades as suxerencias e propostas de actividades da propia mocidade.

Circuito culturais: Xiras de grupos de música ou artistas escénicos profesionais e amateurs para a realización de actuacións periódicas en distintos bares e cafeterías do concello. O local non asumirá custe ningún, salvo a necesidade de facilitarlle aos intérpretes, espazo, electricidade e iluminación básica. Os artistas que queiran participar deberán presentar unha maqueta ou algún tipo de gravación na que se poida ver o seu espectáculo para avaliar a idoneidade do mesmo nos distintos locais. Os locais que desexen participar na actividade deberán notificarllo ao Departamento.Datas:Marzo/Maio 2008.

Torneo Municipal de Futbolín: Actividade competitiva entre equipos de 4 persoas, formando 2 parellas. Competirán ao longo dun fin de semana en formato de liga, con outras parellas de persoas entre 14 e 30 anos. O equipo gañador, que se decidirá a traveso dun semifinal e dunha final, e o segundo e terceiro clasificado recibirán premios económicos.Datas:xuño 2008.