Compromiso:

  1. Organizar escapadas de fin de semana para o grupo de idade de menores de 18 anos, e para maiores de 18 anos.
  2. Organizar un viaxe para maiores de 18 anos a eventos ou concertos, fora da comunidade galega.
  3. Organizar un viaxe para menores de 18 anos a eventos ou concertos, fóra da comunidade galega.
  4. Apoiar todas as propostas organizadas pola mocidade, sexa ou non asociada, ben a traveso de apoio económico ou de recursos, sempre que se cumpran uns criterios mínimos de responsabilidade, organización e legalidade.

Viaxes medioambientais: Saídas de 3 días ou fin de semana, para realizar rutas de senderismo e talleres de natureza (cabuiería, montaxe de campamento, astronomía, primeiros auxilios, prantas medicinais, ...) Idades:14-17 anos Datas:Marzo 2008.

Viaxes culturais: Saída de 4-5 días, para realizar visitas culturais (etnolóxicas, gastronómicas, de ocio...) a cidades/vilas pouco recoñecidas pola xuventude como "sitios interesantes", pero con interese. Poderíse considerar a asistencia a concertos/festivais de prestixio a nivel nacional (FIB, Mediatic festival, Derrame Rock, Monegros Dance Festival, San Sebastián Summer Festival, ...) para os maiores de 18 anos. Aloxamento en tendas, albergues ou hostais. Idades:14-17 anos/18-30 anos Datas:maio/xullo 2008.

Art'venturas: Actividades puntuais de medio día ou día enteiro, para iniciación/millora en actividades que supoñen unha descarga moi alta de adrenalina: puenting, escalada/rappel, tirolina, decenso de canóns, hidrospeed, buceo a pulmón, parapente-aladelta, paintball.Idades:18-30 anos Datas:xaneiro-abril 2008.

Viaxes a neve: Saída de 5-7 días, para realizar rutas de sendeirismo, inicio/perfeccionamento no esquí, trineos, ... Aloxamento en albergue.Idades:14-17 anos/18-30 anos Datas:primeiro trimestre 2008.