Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Servizos > Promoción económica

/ Promoción económica

XIX Concurso de Escaparates do Nadal do Concello de Arteixo 2023

O Concello de Arteixo, a través da súa Concellaría de Promoción Económica convoca o «XIX Concurso de Escaparates do Nadal 2023». Podes consultar máis información na seguinte ligazón: XIX Concurso Escaparates Nadal 2023

Formación

Desde o ano 1988, o Concello de Arteixo colabora co Servizo Público de Emprego de Galicia e coa Consellaría de Traballo e Benestar impartindo formación dirixida prioritariamente a demandantes de emprego a través dos cursos AFD. Ademais de este tipo de accións, o departamento de Formación e Emprego pon en marcha anualmente un Plan de Formación Municipal dirixido tamén a persoas desempregadas, onde se teñen en conta as demandas do mercado laboral a hora de elixir as especialidades formativas.
Programación AFD

Apoio á creación de empresas. Axudas á creación de Empresas

Sensibilizacióan e motivación na cultura emprendedora.
Información e asesoramento na elaboración do plan de empresa e nos trámites de constitución. Titoría durante a posta en marcha e a consolidación da empresa.
Información e asesoramento sobre axudas e subvencións das diferentes administración.
Formación e consolidación da empresa.

Apoio ao sector empresarial. Axudas á contratación

Información e asesoramento xeral.
Información, asesoramento e acompañamento de axudas e subvencións das diferentes administracións.
Fomento da formación e cooperación empresarial.
consolidación do texido empresarial a través da mellora competitiva.
Desenrolo económico do municipio e captación de fondos finalistas.

Apoio ao sector comercial

Ordenación e modernización do sector comercial.
Fomento do comercio e asociacionismo.
Dinamización comercial.
Formación comercial.
Campañas de promoción.

Apoio ao desenvolvemento rural

Participación en programas de desenvolvemento rural.
Promoción do sector agrario e forestal.
Dinamización da contorna rural.
Apoio á diversificación da economía rural.

XUNTA DE GALICIA

  • Autónomos
  • Empresas
  • Economía social

AXUDAS AO EMPREGO E EMPRENDEMENTO 2023

Punto informativo de renovación da demanda de emprego

Este punto de información permite renovar a demanda do SPEG mediante a pegada dixital, así coma acceder ao portal de emprego ( https://emprego.xunta.gal/portal/gl/ ) do Servizo Público , consultar as ofertas de emprego en difusión , cursos de formación e as páxinas web de diferentes servizos públicos de emprego, autonómicos e estatais.
As persoas usuarias que desexen realizar a renovación da demanda a través deste sistema, deberán acudir á súa oficina de emprego para darse de alta a través do rexistro da pegada dixital. Unha vez realizado dito rexistro poderán proceder á renovación da demanda nas datas sinaladas en calquera dos puntos de información distribuídos en toda a Comunidade Autónoma.

Ir al contenido