Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Servizos > Cultura

/ Cultura

Presentación

A Concellaría de Cultura e Xuventude ten a súa sede no Centro Cívico Cultural de Arteixo Manuel Murguía. Este servizo encárgase da programación cultural e festiva municipal para procurar o enriquecemento cultural da cidadanía e para preservar os festexos tradicionais do pobo. Os programas que se executan, relacionados na súa gran maioría, con épocas concretas do ano e dirixidos a todo tipo de públicos, pretenden a consecución dos seguintes obxectivos:

  • Promover e difundir a cultura favorecendo o desenvolvemento integral dos cidadáns e da comunidade en xeral e mellorando as condicións das institucións culturais.
  • Conservar a memoria, as tradicións e o patrimonio material e inmaterial galego.
  • Difundir as artes escénicas e artísticas, a actividade festiva local e fomentar actividades de interese cultural e de ocupación do tempo de lecer.
  • Contribuír ao sostemento de asociacións e institucións que desenvolven a súa actividade no municipio e complementan a oferta cultural.
  • Fomentar a coordinación con organismos públicos e privados que participen de intereses comúns, mediante a sinatura de convenios.
  • Achegar e xestionar equipamentos para o goce da comunidade.
  • Recuperar e celebrar os festexos populares máis tradicionais.
  • Promocionar o folclore e a música popular.
  • Colaborar na realización de eventos festivos.

O Concello de Arteixo está integrado en diversas redes e circuítos de programación doutras administracións e entidades, como a Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia (Agadic) ou a Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Centro

Información Cultural

Os interesados e interesadas en recibir información sobre a programación cultural do Concello de Arteixo poden cubrir o Impreso de solicitude que se pode descargar nesta mesma sección e entregalo no SM de Cultura.

Ligazóns

Rede Galega de Teatros e Auditorios (Agadic)

Rede Cultural da Deputación

 

Subvencións culturais

A Concellaría de Cultura e Festas conta cunha liña de axudas para apoiar ás entidades locais sen ánimo de lucro na creación ou mantemento de actividades culturais, así como na dotación de equipamentos das programacións que desenvolven en materia de cultura. (descargar documentos adxuntos).

Arteixo retoma a celebración do Santiago Apóstolo con 7 días de festa

Tras dous anos de parón, a festa do Santiago Apóstolo de Arteixo regresa con máis forza que nunca. Un ambicioso repertorio con 7 días de celebración que inclúe desde verbenas coas principais orquestras de Galicia, o concerto do Xacobeo co artista arxentino TRUENO, sesións vermús, actuacións circenses ata diversas actividades en colaboración con entidades locais como: IA ORA TAHITÍ GALICIA coa súa exhibición de Danza Polinesia, a BANDA DE MÚSICA SANTIAGO DE ARTEIXO, o ORFEÓN ARTEIXO e a ASOCIACIÓN CULTURAL MARIANA, encargada de confeccionar as alfombras florais nas procesións.

A música é sen dúbida a principal protagonista desta festa e estará presente a través de diferentes estilos. TRUENO forma parte da nova corrente de artistas cunha visión propia sobre o sentido próximo do RAP a nivel rexional. Competiu en batallas de freestyle, chegando en 2019 a ser o campión das edicións de Red Bull Batalla dos Galos e Freestyle Master Series, as competencias máis importantes. Ese ano tamén logrou ser o freestyler con máis vistas no mundo. En 2020, editou o seu primeiro álbum de estudo “Atrevido” o cal logrou a certificación de “Cuádruplo Platino”. As entradas para esta actuación están agotadas.

Por outra parte tamén imos contar con bandas que versionen a grandes artistas do noso país. DOS PÁJAROS Y UN TRÍO homenaxea a Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat. Un concerto de máis de dúas horas, divertido, ameno, que combina Rock, Baladas, Rancheras, Rumbas, que debuxarán unha noite musical inesquecible.

As versións continuarán da man de REBOBINANDO, EL MEJOR POP DE LOS 80, que actuará xunto a Banda de Música Santiago de Arteixo, e das Bandas LOS ALCÁNTARA e THE TETA´S BAND que porán ritmo ás sesións vermús da Praza do Balneario o sábado 23 e o domingo 24.

O FOLK TRADICIONAL estará presente con XIRADELA e TRISKELL, dúas das agrupación folclóricas presentes en Arteixo.

As orquestras LOS SATÉLITES, MARBELLA, PARÍS DE NOIA E PANORAMA encherán o campo da festa nas verbenas do 24, 25, 26 e 27 de xullo.

Por suposto non poden faltar as actividades para público infantil. LA GATA JAPONESA, é un incríble espectáculo de equilibrios, acrobacias, maxia e moita fantasía e que levou á súa intérprete a acadar unha nominación aos PREMIOS MAX 2021 como mellor espectáculo infantil. A película JOJO RABBIT tamén é unha excelente proposta cinematográfica para maiores de 12 anos que aborda o tema do nazismo e da guerra en tono de comedia negra.

O deporte tamén ten cabida neste programa onde o ATLÉTICO DE ARTEIXO, encargado de dar o pregón neste 2022 polo seu ascenso a 3ª división despois de 18 anos, se enfrontará ao Deportivo da Coruña.

 

Carteleira de inverno – Xaneiro, Febreiro e Marzo 2022

A Cultura non para! Coa chegada do novo ano estreamos nova programación: CARTELEIRA DE INVERNO 2022, que comeza o 7 de xaneiro e remata o 18 de marzo.

Unha gran variedade de espectáculos para todos os públicos ocuparán as noites dos venres do Auditorio de Arteixo con audiovisuais, danza, teatro, maxia e humor da man de grandes artistas da escena galega como Manuel Manquiña e Víctor Fábregas, compañías que son referentes do teatro en Galicia, como Teatro do Atlántico, e bailarinas de danza contemporánea cunha intachable traxectoria profesional como Marta Alonso Tejada. En representación da escena española contamos cunha compañía de Sevilla, Atalaya, que nos traerá a súa peculiar versión dun clásico, «A Celestina«. E como punto transgresor teremos a Davide González en «Microspectivas dun marica millennial» galardoada con 2 premios María Casares (mellor texto orixinal e mellor actor protagonista). Compartirá cartel cos seus compañeiros de Incendiaria en «A lúa vai encuberta«. O mago Xacobe e as compañías Trémola Teatro e Pedras de Cartón farán as delicias da xente miúda da casa.

Comezamos o venres 7 de xaneiro con «Monkey«, unha peza audiovisual de 17 minutos de duración dirixida por Xosé Zapata e Lorenzo Degl´Innocenti seleccionada en máis de 12 festivais internacionais. Conta cunha animación aos Premios Goya como mellor curtametraxe de animación. Ademais, completa o pase unha exposición na que se fará un percorrido polos diferentes procesos de animación que se poderá visitar na sala de exposicións do CCC de Arteixo ata o 18 de xaneiro.

«1588. Un náufrago da Armada Invencible enviada por Felipe II desde Lisboa para conquistar Inglaterra é capturado nunha praia de Irlanda. Alí é xulgado, declarado culpable e aforcado ata a súa morte. Todo sería moi razoable seguindo as leis da guerra e o odio entre os seres humanos, o problema é que o prisioneiro é un mono.»

· Descargar Carteleira de Inverno 2022

Bases da 31ª edición do Certame de narracións breves Manuel Murguía de Arteixo

Xa podes consultar AS BASES, que na súa versión completa están dispoñíbeis no seguinte enlace, pretenden, por 31º ano, contribuír ao desenvolvemento da narrativa e honrar o noso Patriarca:

 

  • Poderán concorrer todas as autoras e autores que o desexen cun único relato, de temática libre e escrita en lingua galega.
  • Os relatos, que deberán ser orixinais e inéditos en calquera soporte, deberán ofrecer unha extensión non inferior a 15 páxinas nin superior a 30.
  • Os traballos presentaranse por cuadriplicado e baixo plica.
  • O prazo de presentación de orixinais rematará o 31 de xaneiro de 2022.
  • Non se admitirá máis de unha obra por autora.
  • Establécense tres premios: un primeiro premio dotado con 4.000,00 €, un segundo de 2.000,00 € e un terceiro de 1.000,00 €.
  • O xurado, constituído por membros de recoñecida solvencia, será designado polo Concello de Arteixo e fará pública a súa decisión inapelable no mes de maio de 2022.
  • Os tres finalistas deberán estar presentes o día 20 de maio de 2022 no acto de entrega para recibir os premios, salvo ausencia xustificada.
  • A contía dos premios inclúe o pagamento dos dereitos de autor relativos á primeira edición das obras no ámbito dun volume colectivo que poderá publicarse nos 5 anos seguintes á concesión dos galardóns.

Dreaming Juliet da companía Elefante Elegante

 

ELEGANTE ELEGANTE VISITA ARTEIXO CUN ESPECTÁCULO DE INSPIRACIÓN SHAKESPERIANA

PREMIO MARIA  CASARES 2021 AO MELLOR VESTIARIO

A cita será no Auditorio do CCC de Arteixo ás 20:00 h como parte da programación de Outono Cultural.

Os tráxicos amantes de Verona serviron á compañía Elefante Elegante de inspiración para o seu espectáculo Dreaming Juliet.

Os actores abordan a través desta peza cuestións esenciais da existencia humana como son o amor, a paixón, a familia ou a maternidade, aspectos que abordan a través da xestualidade e do teatro físico e visual, principais ferramentas de traballo desta compañía. Aínda que o mítico dramaturgo inglés deseñou un tráxico final para os seus dous amantes, Elefante Elegante explora nesta peza o que sucedería no caso de que Romeo e Julieta non morresen ao final. «Que acontecería ao seu profundo amor acabásense formando familia e tivesen que enfrontar a rutina de tódolos días?», reflexiona a agrupación. (Ver trailer)

As entradas poderanse mercar o propio día da función na Billeteira do Centro Cívico Cultural de Arteixo de 11:30-13:30 ou 2 h antes do seu comezo.

 

 

 

 

 

 

Teatro e música tradicional unen forzas na «Gárgola do mestre Mateo»

A Gárgola do Mestre Mateo quere achegar o teatro ao público familiar utilizando a música tradicional como vehículo. Trátase dun proxecto social e multidisciplinar con máscaras, títeres, música.. con base na cultura e a tradición propias.

O auditorio do centro cívico acolle hoxe ás 20:30 h este espectáculo no que unen esforzos a A Xanela do Maxín e a Agrupación Xiradela.

As entradas, con invitación, pódense recoller, un máximo de 5 por persoa, 1 h antes do comezo do espectáculo.

Protocolo para asistir á verbena piloto que protagonizan Los Satélites o día 19

A Policía Local da a coñecer o protocolo de seguridade que se establece con motivo da verbena piloto que a Xunta de Galicia organiza en Arteixo o pròximo 19 de xuño e que protagonizará a orquestra Los Satélites.

Entre outras medidas non se poderán consumir alimentos nin bebidas no recinto, e tamén estará prohibido fumar.

As portas abrirán ás 19.30 h e está previsto que a verbena finalice ás 23 h. Só accederán aqueles que estén incluídos na listaxe da porta e será obrigatorio o uso de máscara cirúrxica ou FP2.

Habilitarase unha zona de aseos no campo de fútbol.

Protocolo Seguridade Verbena

O humor de Avelino González visita o Centro Cívico de Arteixo

Avelino González, coñecido polas súas aparicións en series como Serramoura, Pazo de Familia ou Seis Hermanas, entre outras, visita hoxe Arteixo dentro do programa da Concellería de Cultura «Primavera Expandida».

O actor trae ao auditorio do centro cívico o seu espectáculo de monólogos e contos titulado «Contos que foron chistes»

Será ás 20.30 h. As entradas póñense á venda entre 11.30 e 13.30 h e dúas horas antes do comezo da actuación. Pódense adquirir por 3€ ou 2,25€ en prezo reducido.

Ir al contenido