Seminario de utilización das novas Tecnoloxías da Información
Arteixo, 19 de xuño de 2003
Importante: inscricións ata o mércores 11 de xuño
O Departamento de Formación e Emprego do Concello de Arteixo en colaboración co IGAPE ORGANIZA UN SEMINARIO DE UTILIZACIÓN DAS NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN
Obxectivos
Divulga-la utilización de internet como ferramenta utilizable nas empresas; en concreto: Esperta-lo interese e dar a coñece-las posibilidades e servicios que ofrece Internet. Dotar ós alumnos dos coñecementos necesarios para poder realizar operacións a través de Internet, facilitando e mostrándolle os principais puntos de acceso á información relevante. Dar a coñece-los servicios dispoñibles na actualidade polos provedores galegos e nacionais de internet. Coñece-las distintas aplicacións de internet na peme. Presenta-los principais programas para o uso da rede.
Metodoloxía
Exposición de conceptos e exemplos con prácticas reais cun ordenador conectado a Internet para cada dous alumnos. Contidos divulgativos; non se precisa formación previa de ningún tipo. Os asistentes entregaráselles un CD-ROM co contido do seminario e contarán con acceso de balde, nos tres meses seguintes á realización do seminario, a consultas ós profesores dos cursos, a través de correo electrónico.
Dirixido a
Empresarios e directivos de pequenas e medianas empresas galegas.
Prezo
0 euros
Duración, datas e horarios
Duración: 8 horas - Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
19/06/2003 Módulo: SEMINARIO INTERNET ARTEIXO
Lugar de celebración
Centro de Formación Ocupacional - ARTEIXO Urbaniz. Sol y Mar, bloque 16 - Baixo
Programa
- Internet como ferramenta de utilidade empresarial
- Correo electrónico: utilización axeitada e vantaxes reais.
- Ofertas de servicios empresariais en internet e no correo electrónico
- Cómo sacarlle partido ás diferentes webs de interese empresarial
- A xestión económica da información e das tecnoloxías da información na empresa
Profesorado
Juan Torrelles Manet
Información e Inscricións
É requisito para poder participar a previa inscrición
Dirixirse a
CONCELLO DE ARTEIXO-DEPARTAMENTO DE FORMACIÓN E EMPREGO
Horario inscricións: mañás: 8:30 a 15 h./tardes (martes):16 a 18:30h.
|