Concello de Arteixo
Correo Novas Inicio
 
Biblioteca
Cultura
Deportes
Educación
Normalización Lingüística
Radio
Servicios Sociais
 
Indice

Constitución da Empresa


En primeiro lugar decidirá a forma xurídica da súa empresa, decidir si se constituirá como empresario individual ou como sociedade mercantil. Nun e noutro caso os trámites a seguir para a súa constitución e os impostos os que deberá facer fronte son distintos.

A elección dunha ou outra dependerá basicamente das necesidades organizativas do negocio a crear e dos niveles de responsabilidade fronte a terceiros que queiramos asumir.

Si optamos pola forma xurídica do empresario individual teremos en conta os seguintes aspectos:

  • Non existe ningún trámite previo que condicione a adquisición do carácter de empresario induvidual, si ben o promotor ten que ser mayor de idade e terá libre disposición dos seus bens.
  • Os empresarios individuais non están obrigados a inscribirse no Rexistro mercantil
  • A súa responsabilidade respecto a xestión do negocio é persoal e ilimitada frente a terceiros.

Polo que respecta as súas obrigacións de carácter laboral e de Seguridade Social, destacamos os seguintes:

  • Alta no réxime Especial de traballadores autónomos
  • Afiliación e alta de traballadores o Réxime xeral da Seguridade social
  • Contratación dos traballadores
  • Cotización á Seguridade Social

E no desenrolo da súa actividade empresarial cumprirá as seguintes obrigacións tributarias.

  • Decalaración censal de comenzo da actividade
  • Alta no Imposto de Actividades Económicas
  • Decalaración-liquidación do IRPF
  • Decalaración -liuquidación do IVA.

Si eleximos a constitución dunha sociedade mercantil como forma xurídica , teremos en conta o seguinte.

  • Será preciso, para obter a personalidade xurídica da sociedade, certificación negativa do nome, acreditando que o nome que eleximos para a mesma non se corresponde coa de outra sociedade xa existente.
  • Outorgamento da escritura Pública ante Notario.
  • Inscripción no Rexistro Mercantil.

Dende o punto de vista laboral e de seguridade Social a sociedade levará a cabo os seguintes trámites:

  • Inscripción na Seguridade Social (só si se van a contratar traballadores)
  • Afiliación e alta de traballadores o Réxime xeral da Seguridade social
  • Contratación dos traballadores
  • Cotización á Seguridade Social

Respecto ó aspecto fiscal.

  • Declaración censal de comenzo de actividade.
  • Liquidación do imposto de transmisións patrimoniais e actos Xurídicos documentados ( 1% do capital social)
  • Declaración-liquidación do imposto de Sociedades
  • Declaración-liquidación do IVA.

Si o local donde vai instalar o seu negocio necesita reformas ou obras, necesitará previamente unha Licencia de Obras do Concello .E para iniciar a actividade necesitará obter do Concello a Licencia de Apertura do Local.

Despois comunicar a apertura do Centro de traballo na Consellería de Xustiza.


  |   Indice   |