cabecera

PRESENTACIÓN

O DIRECTORIO DE EMPRESAS DE ARTEIXO é un produto elaborado pola Área de Formación e Emprego do Concello de Arteixo cunha dobre finalidade; por unha banda, proporcionar información da realidade empresarial do municipio tanto ás empresas que están asentadas en Arteixo, coma ás que desexan situarse no noso municipio, facilitando deste xeito os intercambios empresariais, e por outra dar a coñecer á poboación os produtos e servizos que se xeran na nosa localidade.

Convén matizar que ao tratarse dun directorio e non dun Censo, non están recollidos todos os negocios existentes na nosa localidade, senón só os que manifestaron o seu desexo de rexistrárense.

INSCRICIÓN

Se o seu negocio non aparece neste directorio ou de querer facer calquera corrección, pode contactar connosco na Oficina do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local situada na rúa Ría de Noia nº 2, 2º andar, no teléfono: 981 64 08 36 ou por correo electrónico.Tamén pode enviar por correo a esta mesma dirección a folla de inscrición que pode descargar nesta páxina.

Descargar folla de inscrición (pdf).

BUSCA

Hai varios xeitos de localizar unha empresa ou profesional:

E pode utilizar tamén o buscador avanzado para filtrar a súa consulta por tódolos campos.

Foto

Buscar