Programa de fomento do emprego
Poderán acollerse ás bonificacións establecidas para o programa de fomento de emprego:
- As empresas que contraten indefinidamente, incluída a contratación de traballadores fixos descontinuos e de acordo cos requisitos e condicións que se sinalan nesta norma, a traballadores desempregados, inscritos na oficina de emprego e incluídos nalgúns dos colectivos seguintes:
- Mulleres desempregadas, entre 16 e 45 anos.
- Mulleres desempregadas, cando se contraten para prestar servicios en profesións ou ocupacións con menor índice de emprego feminino.
- Desempregados inscritos ininterrompidamente na oficina de emprego durante 6 ou máis meses.
- Desempregados maiores de 45 anos e ata os 55.
- Desempregados maiores de 55 anos e ata os 65.
- Desempregados perceptores de prestacións ou subsidios por desemprego, ós que lles reste un ano ou máis de percepción no momento da contratación.
- Desempregados perceptores do subsidio por desemprego a prol dos traballadores incluídos no réxime especial agrario da Seguridade Social.
- Desempregados admitidos no programa que contempla a axuda específica denominada renda activa de inserción.
- Mulleres desempregadas inscritas durante un período de 12 ou máis meses na oficina de emprego que sexan contratadas nos 24 meses seguintes á data do parto.
- Os traballadores incluídos no campo de aplicación do réxime especial da Seguridade Social para traballadores autónomos, dados de alta no mesmo cando menos desde o 1 de xaneiro de 2001, que non tivesen asalariados ó seu cargo para o desenvolvemento da súa actividade profesional nos doce meses anteriores á contratación e contraten indefinidamente ó seu primeiro traballador, incluída a contratación de traballadores fixos descontinuos, cando este pertenza a algún dos colectivos definidos no apartado anterior.
- As empresas e as entidades sen ánimo de lucro que contraten, indefinidamente, incluída a contratación de traballadores fixos descontinuos, ou temporalmente traballadores desempregados en situación de exclusión social, poderán acollerse ás bonificacións previstas nesta norma nos termos que na mesma se indican. A situación de exclusión social acreditarase polos servicios sociais competentes e queda determinada pola pertenza a algún dos seguintes colectivos:
- Percepción de rendas mínimas de inserción, ou calquera outra prestación de igual natureza, segundo a denominación adoptada en cada Comunidade Autónoma.
- Persoas que non poidan acceder ás prestacións ás que se fai referencia no parágrafo anterior, por algunha das seguintes causas: falta do período esixido de residencia ou empadroamento ou para a unidade da unidade perceptora; ter esgotado o período máximo de percepción legalmente establecido.
- Mozos maiores de 18 anos e menores de 30, procedentes de institucións de protección de menores.
- Persoas con problemas de drogadicción ou alcoholismo que se atopen en procesos de rehabilitación ou reinserción social.
- Internos de centros de penitenciarías a cal situación carceraria lles permita acceder a un emprego, así como liberados condicionais e ex reclusos.
Incentivarase igualmente, nos termos previstos nesta norma, a transformación en indefinidos, incluída a modalidade de fixo descontinuo, dos contratos de duración determinada ou temporais, celebrados con anterioridade á entrada en vigor da mesma. Ademais, incentivarase a transformación en indefinidos dos contratos formativos, de relevo e de substitución por anticipación da idade de xubilación, calquera que sexa a data da súa celebración.
Requisitos dos beneficiarios:
- Atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social tanto na data da concesión das bonificacións coma durante a percepción das mesmas. A falta de ingreso no prazo regulamentario de ditas obrigas dará lugar á perda automática das bonificacións regulamentadas no presente programa, respecto das cotas correspondentes a períodos non ingresados en dito prazo.
- Non ter sido excluídos do acceso ós beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego pola comisión de infraccións moi graves non prescritas, todo iso de conformidade co previsto no artigo 46.2 do RD lexislativo 5/2000, do 4 de agosto polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e Sancións na Orde Social.
|
| Contr. de muller desempregada a t. completo
|
|
| Bonificación cota empresarial por continxencias comúns
| Bonificación cota empresarial por continxencias comúns
|
|
a. Mulleres desempregadas entre 16 e 45 anos
|
25% (2 anos)
|
|
|
b. Mulleres desempregadas que se contraten para prestaren servicios en profesións ou ocupacións con menor índice de emprego feminino.
|
35% (2 anos)
|
|
|
c. Se ademais levan inscritas ininterrompidamente na oficina de emprego un período mínimo de 6 meses ou son maiores de 45 anos.
|
70% (1º. ano) - 60% (2º. ano)
|
|
|
d. Desempregados inscritos ininterrompidamente na oficina de emprego durante 6 ou máis meses.
|
20% (2 anos)
|
30% (2 anos)
|
|
e. Desempregados maiores de 45 anos e ata os 55.
|
50% (1º.ano) -45% (resto vixencia)
|
60% (1º. Ano) - 55% (resto vixencia)
|
|
f. Desempregados maiores de 55 anos e ata os 65
|
55% (1º.ano)-50% (resto vixencia)
|
65% (1º.ano)-60% (resto vixencia)
|
|
g. Desempregados perceptores de prestacións ou subsidios por desemprego, ós que lles quede un ano ou máis de percepción no momento da contratación.
|
50% (1º.ano)-45% (2º. Ano)
|
60% (1º.ano)-55% (2º.ano)
|
|
h. Desempregados perceptores do subsidio por desemprego a prol dos traballadores incluídos no réxime especial agrario da Seguridade Social.
|
90% (1º.ano) 85% (2º.ano)
|
|
|
i. Desempregados perceptores da axuda "renda activa de inserción"
|
65% (2 anos)
|
75% (2 anos)
|
|
l. Mulleres desempregadas inscritas durante un período de 12 ou máis meses na oficina de emprego que sexan contratadas nos 24 meses seguintes á data do parto.
|
100% (1 ano)
|
|
A contratación indefinida a tempo completo ou parcial, incluída a contratación de traballadores fixos descontinuos que realice un traballador autónomo cun traballador desempregado dará lugar á aplicación das bonificacións na cota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns cun incremento de 5 puntos respecto do previsto para cada caso, agás no suposto do apartado i.
As empresas e entidades que contraten indefinidamente, incluída a contratación de traballadores fixos descontinuos, ou temporalmente, ben mediante contratacións a tempo completo ou parcial, a traballadores desempregados en situación de exclusión social (apartado 3) poderán aplicar unha bonificación na cota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns do 65% durante o resto da vixencia do contrato, cun máximo de 24 meses. Cando un mesmo traballador teña distintos contratos de traballo, xa sexa cunha mesma empresa ou entidade, ou con outra distinta, con ou sen solución de continuidade, aplicarase igualmente o máximo de 24 meses desde a data inicial do primeiro contrato.
As transformacións en indefinidos, incluídas as que se acorden á modalidade de fixo descontinuo, que se realicen ata o 31 de decembro de 2002 dos contratos de duración determinada ou temporais celebrados a tempo completo ou parcial con anterioridade ó 1 de xaneiro de 2002, así coma a dos contratos formativos, de relevo e de substitución por anticipación da idade de xubilación concertados a tempo completo ou parcial, calquera que sexa a data da súa celebración, darán lugar a unha bonificación do 25% durante o período dos 24 meses seguintes ó inicio da vixencia do novo contrato.
Darán dereito á mesma bonificación as transformacións de contratos de prácticas e de relevo celebrados inicialmente a tempo parcial, en indefinidos a tempo parcial. Neste suposto a xornada do novo contrato indefinido será como mínimo igual á do contrato en prácticas ou de relevo que se transforma.
No suposto no que a contratación indefinida dun traballador desempregado celebrada en virtude deste programa de fomento de emprego, puidese dar lugar simultaneamente á súa inclusión en máis de un dos supostos para os que están previstos bonificacións, só será posible aplicarllas respecto de un deles, correspondéndolle a opción ó beneficiario das deduccións.
Exclusións
- Relacións laborais de carácter especial (artigo 2 E.T., R.D. lexislativo 1/1995 do 24 de marzo) agás a de penados en institucións penitenciarías.
- Contratacións que afecten ó cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes por consanguinidade ou afinidade ata o 2º grao inclusive do empresario ou de quen ostente cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das entidades ou empresas que revistan a forma de sociedade.
- Contratacións realizadas con traballadores que nos 24 meses anteriores á data de contratación tivesen prestado servicios na mesma empresa, grupo de empresas ou entidade mediante un contrato por tempo indefinido.
- Traballadores que rematasen a súa relación laboral de carácter indefinido nun prazo de 3 meses previos ó novo contrato.
- As empresas que extinguisen ou extingan por despido improcedente ou colectivo, contratos bonificados quedarán excluídas das axudas por un período de doce meses.
As bonificacións non poderán , en concorrencia con outras medidas de apoio público establecidas para a mesma finalidade, supera-lo 60% do custo salarial anual correspondente ó contrato que se bonifica.
|