|
Orde do 16 de maio de 2003 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2003 dos programas para a promoción do emprego autónomo.
Organismo:
Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais
Publicación:
DOG 23/05/03
Data límite de presentación:
Dous meses desde a data de alta na S.S. ou mutualidade. O 15/07/03 para as actuacións subvencionables realizadas entre o 01/10/02 e o 24/05/03
Obxecto:
Promover e axudar a financiar proxectos que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas como autónomos.
Beneficiarios:
Desempregados inscritos como demandantes no Servicio Público de Emprego que procedan á creación do seu propio posto de traballo sendo titulares ou cotitulares do negocio. Tamén cando constitúan sociedade limitada na que tódolos socios sexan persoas físicas e o capital fundacional sexa inferior a 60.100 €. O número de socios non poderá ser superior a 3 agás a pertencia de todos eles a determinados colectivos. Tamén os demandantes de emprego inscritos que realicen un traballo por conta allea inferior ou igual a 2 horas diarias, 12 semanais ou 48 mensuais e cumpran co anterior
Requisitos beneficiarios:
- Que se dean de alta no réxime de Autónomos, do Mar ou Mutualidade.
- Non percibiran subvencións deste programa nos catro anos anteriores ó inicio.
- Non desenvolveran como autónomos a mesma ou similar actividade na mesma localidade nos 6 meses inmediatamente anteriores ó inicio.
- Non estiveran de alta como autónomos nos tres meses anteriores ó inicio.
Tipos de axuda:
- Subvención financeira
- Rendas para o inicio da actividade
- Axuda para a adquisición da condición de socio.
Subvención financeira:
Consiste na reducción de xuros de préstamos necesarios para a constitución, como mínimo o 75% deberá destinarse a financiar investimentos en activos fixos. Os préstamos serán concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería.Non poderán acceder os traballadores que constitúan unha sociedade limitada.
Rendas para o inicio da actividade:
Subvención para garantir uns ingresos mínimos o comezo da actividade. Non deben mediar máis de 2 meses entre a alta no réxime correspondente e a solicitude. O seu importe non excedera do 50% do investimento inicial en activo fixo ou da achega ó capital social da S.L.. nin supera-la contía de 3.600 €. No caso de mulleres a porcentaxe será do 60% e límite máximo 4.800 €.
Axuda para adquisición da condición de socio:
Axuda para a adquisición de participacións dunha sociedade con capital social fundacional inferior a 60.100 €. O número de socios non poderá ser superior a 3 agás a pertencia de todos eles a determinados colectivos - como seren todas elas mulleres desempregadas-.O límite da axuda será do 80% da cantidade a desembolsar como contribución inicial para adquirir a condición de socio e sen que en ningún caso supere os 3.000 €.A achega, a porcentaxe de participación e o capital social débense manterse alomenos 3 anos.
Máis información
Orde do 16 de maio de 2003 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2003 dos programas para ... a integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e traballo autónomo.
Organismo:
Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais
Publicación:
DOG 23/05/03
Data límite de presentación:
Dous meses desde a data de alta na S.S. ou mutualidade. O 15/07/03 para as actuacións subvencionables realizadas entre o 01/10/02 e o 24/05/03
Obxecto:
Promove-la integración laboral das pesoas con discapacidade mediante o financiamento daquels proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ós discapacitados desempregados.
Beneficiarios:
Traballadores con discapacidade igual ou superior ó 33% inscritos como demandantes no Servicio Público de Emprego que procedan á creación do seu propio posto de traballo sendo titulares ou cotitulares do negocio. Tamén cando constitúan sociedade limitada na que tódolos socios sexan persoas físicas e o capital fundacional sexa inferior a 60.100 €. O número de socios non poderá ser superior a 3 agás a pertencia de todos eles a determinados colectivos. Tamén os demandantes de emprego inscritos que realicen un traballo por conta allea inferior ou igual a 2 horas diarias, 12 semanais ou 48 mensuais e cumpran co anterior.
Requisitos beneficiarios:
- Que se dean de alta no réxime de Autónomos, do Mar ou Mutualidade.
- Non percibiran subvencións deste programa nos catro anos anteriores ó inicio.
- Non desenvolveran como autónomos a mesma ou similar actividade na mesma localidade nos 6 meses inmediatamente anteriores ó inicio.
- Non estiveran de alta como autónomos nos tres meses anteriores ó inicio.
Tipos de axuda:
- Subvención financeira
- Rendas para o inicio da actividade
- Subvención en función do investimento en activo fixo.
- Axuda para a adquisición da condición de socio.
Subvención financeira:
Consiste na reducción de xuros de préstamos necesarios para a constitución, como mínimo o 75% deberá destinarse a financiar investimentos en activos fixos. Os préstamos serán concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería.Non poderán acceder os traballadores que constitúan unha sociedade limitada.
Rendas para o inicio da actividade:
Subvención para garantir uns ingresos mínimos o comezo da actividade. Non deben mediar máis de 2 meses entre a alta no réxime correspondente e a solicitude. O seu importe non excedera do 50% do investimento inicial en activo fixo ou da achega ó capital social da S.L.. nin supera-la contía de 3.600 €. No caso de mulleres a porcentaxe será do 60% e límite máximo 4.800 €.
Subvencións en función do investimento en activo fixo:
Poderá concederse unha subvención de ata 3.600 € calculada en función do investimento en activo fixo. Non accederán a ela os traballadores que contitúan unha sociedade limitada.
Axuda para a adquisición da condición de socio:
Axuda para a adquisición de participacións dunha sociedade con capital social fundacional inferior a 60.100 €. O número de socios non poderá ser superior a 3 agás a pertencia de todos eles a determinados colectivos - como seren todas elas mulleres desempregadas-.O límite da axuda será do 80% da cantidade a desembolsar como contribución inicial para adquirir a condición de socio e sen que en ningún caso supere os 3.000 €.A achega, a porcentaxe de participación e o capital social débense manterse alomenos 3 anos.
Máis información
Orde do 1 de abril de 2003 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para a utilización de métodos de producción agraria compatibles co ambiente e se convocan para o ano 2003
Organismo:
CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL
Publicación:
DOG 10/04/2003
Data límite de presentación:
31 de maio de 2003
Obxecto:
Axudas para a utilización de métodos de producción agraria compatibles co ambiente.
Finalidade:
Orienta-las explotacións agrarias cara a unha agricultura sustentable e multifuncional que pretende compatibiliza-la conservación dos recursos naturais e a protección do ambiente coa producción de cantidades suficientes de alimentos de calidade contrastada para garanti-lo benestar das xeracións futuras.
Máis información
Orde do 27 de febreiro de 2003 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para mellora-la formación, xestión e consolidación do asociacionismo agrario en Galicia e se convocan as axudas para o ano 2003.
Organismo:
CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL
Publicación:
DOG 10/03/2003
Data límite de presentación:
28 de abril de 2003
Obxecto:
Axudas para mellora-la formación cooperativa.
Axudas para a realización de auditorías, análises de xestión, estudios de viabilidade e estudios de mercado.
Axudas para a informatización.
Axudas para a contratación de persoal.
Axudas para actuacións relacionadas coa calidade.
Beneficiarios:
cooperativas agrarias de carácter agropecuario, as de explotación comunitaria da terra e as SAT domiciliadas en Galicia, salvo nas axudas para informatización onde só se poderán acolle-las cooperativas agrarias de carácter agropecuario
Máis información
Orde do 12 de febreiro de 2003 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de productos agrarios do período 2000-2006 e se convocan para o exercicio orzamentario de 2003.
Organismo:
CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL
Publicación:
DOG 20/02/2003
Data límite de presentación:
Antes do 1 de xuño do 2003
Obxecto:
Estas axudas teñen por finalidade contribuír ós investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e comercialización de productos agrarios.
Máis información
Orde TAS 236/2003 de 4 de febreiro, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas correspondentes ós programas de actuación a favor dos emigrantes españois.- Programa 4: axudas para facilita-la integración laboral dos retornados
Organismo:
MINISTERIO DE TRABALLO E ASUNTOS SOCIAIS
Publicación:
BOE 12/02/2003
Data límite de presentación:
Durante todo o ano, sempre que non transcurriran máis de 2 anos dende a data do retorno.
Obxecto:
Facilitar a integración laboral no noso país dos emigrantes españoles retornados, propiciando, a través de axudas económicas, o seu establecemento como traballadores autónomos ou como socios traballadores de cooperativas de traballo asociado ou de sociedades laborais.
Beneficiarios:
Emigrantes retornados que traballaran, alomenos, 12 meses no exterior dende a última saída de España e se atopen desempregados e inscritos como demandantes de emprego nas oficinas do INEM na data de presentación de solicitude da axuda ou nos 6 meses anteriores a ésta.
No caso de persoas que obtiveran ou recuperaran a nacionalidade española, o citado período de traballo debe ser posterior a data de obtención ou recuperación da nacionalidade.
A condición de emigrante retornado pérdese cando se desenvolveu unha actividade laboral de o menos 12 meses continuados ou cando o traballo efectuado tras o retorno orixinara o dereito a percepción de prestación contributuiva de desemprego durante alomenos 4 meses.
Natureza, contía e condicións:
A cuantía será de carácter varible ata un máximo de 4.208 € por beneficiario en función da viabilidade do proxecto e inversión a efectuar.
Se a actividade para a que se obtivera axuda non acadara unha duración mínima de 1 ano, o beneficiario da misma estara obrigado a devolve-lo importe recibido.
Máis información
Orde do 6 de febreiro de 2003 pola quese convocan para o ano 2003 as axudas ás organizacións profesionais do sector agrario
Organismo:
CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA
Publicación:
DOG 17/02/2003
Obxecto:
Esta orde ten por obxecto regula-las subvencións ás entidades representativas do sector agrario para a realización de actividades de representación e de formación dos seus asociados e dos agricultores galegos en xeral.
Beneficiarios:
Poderanse beneficiar das axudas establecidas na presente orde as organizacións profesionais agrarias, que estean legalmente constituídas e que no seu obxecto social recollan a representación profesional dos seus asociados.
Actividades subvencionables:
- Poderanse subvenciona-las solicitudes de axuda para actividades que se realicen durante o ano en curso, sempre que se cumpran as condicións esixidas nesta orde.
- Consideraranse subvencionables os gastos derivados das seguintes actividades:
- Representación dos intereses dos seus asociados e dos agricultores galegos en xeral.
- Participación nas comisións, mesas de traballo e outros órganos colexiados que, para a defensa dos dereitos dos seus representados, constituíse a Administración.
- Formación dos asociados e demais membros familiares, así como dos xerentes e persoal técnico das entidades asociativas agrarias.
- Impulso do asociacionismo agrario.
Solicitudes:
As solicitudes de axuda presentaranse mediante instancia segundo o modelo publicado como anexo na orde, debidamente cuberta e asinada polo presidente, secretario xeral ou representante legal da organización peticionaria, xunto coa documentación que se detalla no artigo 7º da orde.
Prazo de presentación:
As solicitudes de subvención presentaranse no prazo de 40 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (ata o 4 de abril).
Máis información
Orde do 29 de xaneiro de 2003 pola que se regula o concurso público para a concesión de SUBVENCIÓNS A EMPRESAS PRIVADAS PARA FOMENTA-LO USO SOCIAL DA LINGUA GALEGA
Organismo:
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Publicación:
DOG 07/02/2003
Data límite presentación:
26 de marzo de 2003
Beneficiarios:
Empresas privadas, individuais ou non, legalmente constituídas que promovan o emprego do galego no ámbito económico e mercantil.
Exclusións:
- Persoas xurídicas privadas con participación maioritaria das administracións públicas.
- Empresas que recibisen algunha outra subvención desta Consellería e non xustificasen o seu investimento.
Actividades subvencionables:
- Creación e mantemento de gabinetes lingüísticos ou contratación de asesores lingüísticos, con funcións de asesoramento, formación etc.
- Confección de documentación permanente: papelería, manuais ou regulamentos internos, programas informáticos para a xestión realizados integramente en galego, etc.
- Elaboración de documentación creativa da empresa: libros, revistas, folletos e boletíns informativos, actividades audiovisuais creativas (videos, CD-roms, programas de radio e televisión, etc.).
- Rotulación permanente exterior e/ou interior de establecementos e/ou vehículos,etiquetaxe e embalaxe industrial. As axudas irán a empresas que realicen estas accións en calquera proceso de fabricación, producción e/ou comercialización dos seus productos.
- Realización de campañas publicitarias: en calquera soporte ou medio. Priorizaranse os proxectos de máis complexidade e que inclúan actividades de dinamización sociolingüística (concursos, premios, certames, etc.).
- Elaboración de páxinas web. Se se trata dunha páxina en varios idiomas, o galego, deberá ter carácter preferente.
Máis información
Orde HAC/72/2003, de 22 de xaneiro pola que se desenvolven os artigos 3 e 4 do Real Decreto-Lei 7/202, de 22 de novembro, sobre MEDIDAS REPARADORAS EN RELACIÓN Ó ACCIDENTE DO "PRESTIGE"
Organismo:
MINISTERIO DE FACENDA
Publicación:
BOE 25/01/2003
Obxecto:
Reducción das cargas fiscais para os contribuíntes por actividades económicas que se viran directa ou indirectamente afectadas polo accidente ou polas medidas de prohibición de pesca e marisqueo.
Beneficios fiscais:
- Imposto sobre actividades económicas: Reducción nunha sexta parte da cota para actividades paralizadas pertencentes a determinados epígrafes. Reducción que se poderá solicitar á Deputación Provincial, como órgao que ten atribuída a liquidación do imposto.
- Rendemento neto no réxime de estimación obxectiva do I.R.P.F. Reducción do rendemento neto nunha sexta parte para contribuíntes polo I.R.P.F., que desenvolvan as súas actividades no termo municipal de Arteixo e determinen o seu rendemento neto polo réxime de estimación obxectiva do I.R.P.F. Esta reducción aplicarase ó formular a declaración anual de IRPF a presentar nos meses de maio e xuño do 2003.
- Reducción do pago fraccionado correspondente ó cuarto trimestre de 2002. Contribuíntes polo I.R.P.F., que desenvolvan as súas actividades no termo municipal de Arteixo e determinen o seu rendemento neto polo réxime de estimación obxectiva do I.R.P.F., reducirán o importe do pago fraccionado en 2 terceiras partes. No caso de que xa se tivera presentado a liquidación correspondente ó derradeiro trimestre do ano 2002 poderase presentar solicitude de rectificación da autoliquidación ante o Delegado da Axencia Estatal da Administración Tributaria.
- I.V.A. réxime simplificado. Reducción de cotas devengadas. Dentro do termo municipal de Arteixo os suxeitos pasivos polo IVA, que determinen as súas cotas polo réxime especial simplificado poderán reducir o importe das cotas devengadas por operacións correntes nunha sexta parte. No caso de que xa se tivera presentado a declaración-liquidación final polo IVA correspondente ó ano 2002 poderase presentar solicitude de rectificación da autoliquidación ante o Delegado da Axencia Estatal da Administración Tributaria.
Máis información
Orde do 15 de xaneiro de 2003 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2003 dos INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DIRIXIDOS A FAVORECE-LA CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR
Organismo:
Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
Publicación:
DOG 23/01/2003
Actuacións incentivadas:
- Reincorporación de persoas traballadoras (tamén autónomos) tras un proceso de maternidade/paternidade.
- Substitución de persoas traballadoras en excedencia para o coidado de familiares o con reducción da xornada de traballo por motivos familiares.
Actuacións excluídas:
- As relativas ás relacións laborais de carácter especial do artigo 2.1. do Estatuto dos Traballadores, excepto as do persoal de alta dirección.
- As relativas ós traballadores contratados para prestaren servicios noutras empresas a través de contratos de posta á disposición.
Beneficiarios:
Empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que contraten ou reincorporen traballadores para prestar servicios en centros de traballo radicados en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes:
- Para as axudas por reincorporación: 2 meses desde a data de reincorporación, coa data límite do 30 de setembro.
- Para as axudas substitución de excedentes ou persoas con reducción de xornada:2 meses desde inicio da relación laboral do interino.Límite 30 de setembro.
- Para as reincorporacións e substitucións realizadas entre o 1 de outubro do 2002 e o 31 de xaneiro do ano 2003 : 31 de marzo de 2003
Máis información
Resolución do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas e subvencións para a creación de empresas e a integraciónlaboral da muller como estímulo a mulleres emprendedoras de Galicia (programa Emega) e se procede á súa convocatoria.
Organismo:
SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER
Publicación:
DOG 9/11/2003
Obxecto:
concesión de axudas e subvencións para o establecemento da muller como empresarial, baixo calquera forma de sociedade, cooperativa, ou establecemento como traballadora autónoma, con domicilio social e fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
- As mulleres individualmente consideradas que, atopándose en situación de desemprego cunha antigüidade mínima de 3 meses inmediatamente anteriores ó inicio da actividade, se establezan como traballadoras autónomas ou se constitúan baixo unha forma societaria de carácter unipersoal e creen alomenos un posto de traballo por conta allea desempeñado por
unha muller.
- As mulleres que atopándose en situación de desemprego, e alomenos unha delas cunha antigüidade mínima de 3 meses inmediatamente anteriores ó inicio da actividade, se unan ou asocien, e creen postos de traballo de, alomenos, dúas das mulleres, tendo que ser unha delas obrigatoriamente a que leve os tres meses desempregada.
Os postos de traballo que se creen ó abeiro do previsto nos puntos A) e B) deste artigo, deberán estar cubertos por un período mínimo de cinco anos, contados desde a contratación.
Axudas:
- As axudas consistirán nunha subvención, e por unha soa vez, que como máximo será de 18.030 A. Esta subvención non poderá supera-lo 50% do orzamento.
- A axuda irá destinada a sufraga-los gastos derivados da posta en marcha da actividade e do funcionamentodas empresas que teñan o inicio da súa actividade entre o 1 de marzo de 2002 e o 28 de febreiro de 2003.
Solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 28 de febreiro do ano 2003.
Máis información
Orde do 11 de decembro de 2002 pola que se anuncian subvencións para a mellora de establecementos de cafeterías,cafés, bares e restaurantes.
Organismo:
CONSELLERIA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO
Data de publicación:
DOG 24/12/02
Data límite de presentación:
25/01/03
Obxecto:
Mellora dos servicios sanitarios e cociñas de establecementos de cafeterías, cafés, bares e restaurantes.
Beneficiarios:
Establecementos de cafeterías, cafés, bares e restaurantes.
Requisitos dos beneficiarios:
Inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) da Xunta de Galicia antes do remate do prazo de presentación de solicitudes. (Servicio de Turismo, Edif. Administrativo Monelos, 2º andar).
Investimento máximo subvencionable:
Ata o 40% do investimento subvencionable.
Contía máxima da subvención:
3.005,61 euros para os servicios sanitarios
6.010,12 euros para as cociñas
Máis información
Orde do 29 de novembro de 2002 pola que se procede á convocatoria para o ano 2003 das subvencións para a renovación e mellora do pequeno comercio en desenvolvemento do Programa cuadrienal de modernización do sector comercial retallista de Galicia, de acordo coas bases reguladoras establecidas no anexo XIII da Orde do 11 de marzo de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia número 55, do 18 de marzo
Organismo:
CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO
Data de publicación:
DOG 11/12/2002
Data límite de presentación:
31/3/2003
Obxecto:
- Adquisición de equipamento informático e telemático específico para a xestión comercial , incluído o investimento en aplicacións informáticas xenéricas ou estándar destinadas a realización de tarefas de contabilidade, control de almacén, automatización de vendas, emisión de documentos ou calquera outra que supoña unha mellora na xestión comercial, quedando excluídas as específicas ou realizadas á medida, así como os custos de revisión, adaptación e corrección destas.
- Adquisición de caixas rexistradoras, terminais punto de venda, lectores de códigos, sistemas de medición e peso, sistemas de etiquetaxe e sistemas antifurto incorporados ó producto ou similares.
Exclusións:
- Mobiliario, utensilios non informáticos como fotocopiadoras, aparellos de teléfono e fax, máquinas de escribir e ordenadores portátiles.
- Investimentos realizados mediante arrendamento financeiro ou outras modalidades de financiamento
- Adquisición de mercadorías obxecto de comercialización pola empresa beneficiaria.
Beneficiarios:
Comerciantes retallistas, persoas físicas ou xurídicas, establecidos ou que pretendan establecerse en Galicia e non superen a cifra de 10 traballadores na totalidade dos seus centros.
Requisitos dos beneficiarios:
- Desenvolvan a actividade en Galicia, en establecemento comercial ou comercio ambulante.
- Incluídos en las agrupacións do IAE
- 64 comercio polo miúdo de productos alimenticios, bebidas e tabaco realizado en establecementos permanentes.
- 65 comercio polo miúdo de productos industriais non alimenticios realizado en establecementos permanentes.
- 66 comercio mixto ou integrado; polo miúdo fóra de establecementos comerciais permanentes.
Excluídos:
Comerciantes retallistas dalgún dos seguintes epígrafes do I.A.E.
- 646. Comercio polo miúdo de labores de tabaco e artigos de fumador.
- 652.1 Farmacias
- 654.1 Comercio polo miúdo de vehículos terrestres.
- 654.3 Comercio polo miúdo de vehículos aéreos.
- 654.4 Comercio polo miúdo de vehículos fluviais e marítimos de vela ou motor ou deportivos.
- 655. Comercio polo miúdo de combustibles, carburantes e lubricantes.
Investimento mínimo subvencionable:
1.500 euros (IVE excluído)
Investimento máximo subvencionable:
7.000 euros (IVE excluído)
Contía máxima de subvención
50% do investimento subvencionable, IVE excluído
Concorrencia de subvencións
As axudas públicas e privadas non superarán o 70% do investimento subvencionable.
As axudas públicas non superarán o 55% do investimento subvencionable.
Máis información
· Convenio de colaboración entre o IGAPE, a Compañía Española de Refianzamento, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financieras adheridas para a habilitación dunha liña de financiamento específico de microcréditos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Organismo:
Instituto Galego de Promoción Económica
Vixencia:
ata o 31 de decembro do ano 2004
Publicación:
DOG 27 de marzo de 2002
Obxecto:
Defini-los termos de colaboración entre o IGAPE, CERSA e as entidades financieras e sociedades de garantía recíproca adheridas, para a creación e posta en marcha dun mecanismo que lles facilite ás microempresas que desenvolvan a súa actividade en Galicia o acceso ó financiamento dos seus proxectos de investimento.
O importe do principal dos préstamos ou contratos de arrendamento financiero subscritos ó abeiro deste convenio non poderá supera-los 25.000 €.
Beneficiarios:
Empresas con domicilio fiscal en Galicia, que teñan a consideración de microempresas
- Que teñan menos de 10 traballadores (nº de unidades de traballo/ano -UTA-)
- Volume de negocios anual non superior a 7 millóns de € ou ben un balance xeral anual que non exceda de 5 millóns de €
- Que cumpra o criterio de independencia ( empresas nasss que o 25% ou máis do seu capital ou dos seus dereitos de voto non pertenza a outra empresa ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de microempresa)
Destino das operacións financieras:
O proxecto investidor deberá consistir na instalación, ampliación ou renovación de activos fixos, adquiridos a terceiros, dirixidos á mellora da competitividade das empresas. Inmovilizado material: reforma e axeitamento de locais, bens de equipo e unidades funcionais de explotación independente, vehículos industriais, honorarios facultativos de proxecto e dirección de obra e outros investimento en activos fixos materiais. Inmovilizado material: aplicacións informáticas, propiedade industrial, propiedade intelectual e canons de concesións administrativas ou de franquías. As achegas realizadas ás sociedades de garantía recíproca para dar cumprimento ás condicións establecidas neste convenio.
Características das operacións:
Criterio de concesión: viabilidade
Importe máximo: 25.000 €
Tipo de xuro: 4,75%
Non hai gasto ou comisión deivados das operacións.
Aval dunha sociedade de garantía recíproca polo 80% do importe do financiamento.
Amortización: de 3 a 7 anos, incluido ata un ano de carencia.
Máis información
|