Cando pensamos en febreiro, o primeiro que nos ven á cabeza é: "¡Chega o entroido!" e comezamos a pensar nos disfraces.
Neste ano, pretendemos darlle unha nova perspectiva ó entroido. Queremos velo dun xeito máis tradicional e, aínda que iso inclúe tamén os disfraces, serán disfraces tradicionais. É dicir, este febreiro tradicional vai lembrar os costumes dos nosos antergos para facernos unha idea do gran cambio que esta festa foi tendo ó longo dos anos.
Crearemos dúas personaxes que nos axudarán a voltar ó pasado. D. Entroido e Dna. Cuaresma.
OBXETIVO: "COÑECER DE XEITO LÚDICO A HISTORIA DESTA FESTA TRADICIONAL."