Concello de Arteixo
Correo Novas Inicio
 
Información
Voluntariado
Actividades
Enlaces
Comic
 
Indice

Sección de Voluntariado


Servicio Municipal de Voluntariado

Dende a Oficina de Información Xuvenil estamos preparando un programa de voluntariado que permita a toda persoa de 16 anos en adiante, colaborar para o ben da sociedade. Aínda que nos falta perfilalo totalmente, as áreas nas que os voluntarios poderían prestar a súa colaboración son deportes, medioambiente, cultura, xuventude e maiores.

Os perfiles de voluntariado para cada área serán publicados neste apartado no momento que se teñan totalmente definidos. Despois de recoller as solicitudes das persoas voluntarias, farase unha selección para os postos descritos.

Por agora, aquí tedes un pequeno resumo no que se describe o que é, e non é, unha persoa voluntaria, cales son os seus deberes e dereitos, cales son as organizacións de acción voluntaria e cal é a lexislación que acolle ó servicio de voluntariado.


Lexislación

A lexislación que rexe o voluntariado en Galicia, recóllese na Lei 3/2000, do 22 de decembro, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) nš 250, do xoves, 28 de decembro de 2000.

Así mesmo, a lexislación que regula o Rexistro de Entidades de Acción voluntaria de Galicia, é o Decreto 405/2001, do 29 de novembro, publicado no DOG do 2 de xaneiro de 2002.


Entidades de Acción Voluntaria(EAV)

Enténdese como EAV, persoas xurídicas ou agrupacións de voluntariado integradas nas Administracións Públicas que, sen ánimo de lucro, desenvolven programas ou proxectos de voluntariado nas áreas de interese xeral a través de persoas voluntarias (art. 7 da Lei 3/2000, do Voluntariado de Galicia).

Os requisitos formais para constituír unha EAV son os seguintes:

  • Inscrición no Rexistro de EAV
  • Suscribir unha póliza de seguro de responsabilidade civil e de asistencia sanitaria
  • Comprometerse con acordo ou compromiso de colaboración co voluntario que recolla:
    • dereitos e deberes conforme a lei
    • descrición do posto, funcións, actividades e tempo de dedicación
    • formación requerida e/ou procedemento para adquirila
    • duración do compromiso
  • Levar ó día un Rexistro de persoas voluntarias
  • Acreditar ás persoas voluntarias
  • Certificar a acción voluntaria, cando así sexa requerido pola persoa voluntaria

Persoas Voluntarias

Toda persoa que de modo libre, altruísta (gratuito) e responsable, realiza actividades en favor dos demais ou do interese colectivo, no seo dunha EAV.

Quedan excluídas as actuacións derivadas dunha relación laboral, mercantil ou funcionarial, así como as actuacións ailladas, esporádicas ou realizadas por razóns de benevolencia, amizade ou boa veciñanza.

Os dereitos das persoas voluntarias son os seguintes:

  • Participación na EAV, colaborando na planificación dos proxectos.
  • Trato non discriminatorio.
  • Orientación, apoio e formación necesarios para o seu desempeño.
  • Asegurdas polos riscos da actividade.
  • Acreditación de voluntariado e certificación de acción voluntaria.
  • Condicións de traballo axeitadas, con seguridade e hixiene.
  • Compensación polos gastos asociados.
  • Outras

Os deberes das persoas voluntarias son os seguintes:

  • Cumprimento dos compromisos acordados.
  • Confidencialidade da información recibida.
  • Non á contraprestación económica ou material ofrecida por terceiros.
  • Execución dilixente e responsable das tarefas encomendadas.
  • Respecto polos dereitos e crenzas dos beneficiarios.
  • Participación na formación da EAV.
  • Atende-las medidas de seguridade e hixiene adoptadas.
  • Coidado dos recursos e acreditacións

  |   Información   |   Voluntariado   |   Actividades   |   Enlaces   |   Comic   |   Indice   |