Sección de información
Enderezo
Edf. Servicios Múltiples, 3º piso Trav. de Arteixo 249 15142 Arteixo
Telefono e Fax
981 600 009 ext. 400 981 602 528
Páxina web
www.arteixo.org/oix
Nesta páxina pódesnos mandar o que queiras, e publicaremos o que nos de a gana. Terás a túa dispoñibilidade a información referente a xuventude.
Usuari@s
Moz@s do concello de 12 a 30 anos
Servicios
Consulta e asesoramento sobre temas de interese para a xuventude: estudios, bolsas de estudios, cursos, actividades de ocio, viaxes, traballo, voluntariado, actividades sociais, ...
Carné Xove
Xestión de proxectos de xuventude
Creación de actividades
Programación en Radio Arteixo
Tódolos martes as 11:00 h e os mércores as 21:00 h, a xuventude ten un oco en Radio Arteixo, no programa "Tornando o Sol". Se tes un grupo de música e queres promocionalo, se fas unha actividade e queres vir a contámola, este é o teu programa. Se non te atreves a vir en directo, deixa unha mensaxe no teléfono 981 640 293, ou mándanos un e-mail a radioarteixo@latinmail.com, e nós falaremos por ti.
Boletíns e Revistas na Oficina de Información Xuvenil
Na oficina dispoñemos dunha serie de revistas, xornais e boletíns de interese para os xoves, con total accesibilidade. Aquí tedes o seu nome e do que tratan:
- Guía de Información Juvenil(injuve)
- publicación quincenal de ámbito nacional na que podedes informar e informarvos de actividades de ocio e tempo libre, educación, cursos, becas, axudas e premios
- Europa Joven (injuve)
- publicación mensual na que se pode atopar e ofrecer colaboración entre grupos de xoves de toda Europa para a realización de diferentes proxectos e/ou actividades.
- CJE (Consejo de la Juventud de España)
- revista mensual que trata de temas de interese para a xuventude.
- Boletín Xove de Información e Emprego Xuvenil (Xunta de Galicia)
- publicación mensual de carácter maioritariamente autonónomico, na que podede informar e informarvos de actividades, tarefas de voluntariado e postos de traballo de interese.
- FM.X (Xunta de Galicia)
- revista mensual que ofrece artigos, actividades e cursos para Familias, Mulleres e Xuventude. Presenta tamén unha interesante sección de Normativas de aplicación xeral, nas áreas de xuventude, muller, familia, formación,...
- O Mensaxeiro
- periódico quincenal de anuncios gratis e saúde
- Axudas, subvencións e becas (Ministerio de Administracións Públicas)
- boletín mensual que recolle as axudas que a nivel europeo, nacional, autonómico e local, conceden as administracións públicas nas diferentes áreas (artes escénicas, actividades económicas, agricultura, gandeiría,...)
- Ofertas de Emprego Público (Ministerio de Administracións Públicas)
- publicación semanal de convocatorias de emprego público na administración europea, estatal, autonómica e local.
|