VIII Certame de Cómic e Banda deseñada ART'eixo 2002-03
No Certame municipal de Cómic e Banda Deseñada que se celebrará no Concello de Arteixo dos días 18 e de 24 de Xaneiro de 2003, establécense as seguintes
Bases
Participantes
Xoves artistas galegos ou residentes en Galicia segundo as seguintes categorías:
- Categoría A (infantil): ata 14 anos
- Categoría B (xuvenil): 13-21 anos
- Categoría C (adulto): 22-30 anos
- Millor debuxante local: 13-30 anos
Condicións Xerais
- Poderánse presentar obras de autores/as individuais ou en grupos, sempre que estes estén formados por xoves da mesma categoría.
- Cada autor/a poderá presentar tantas obras como desexe.
- O tema concurso será libre.
- A técnica será libre e o formato será o seguinte:
- Mínimo 1 páxina e máximo 10.
- Tamaño máximo: 1 x 1,5 m.
- As obras deberán ser orixinais e protexidas con plástico ou cristal. No caso de obras realizadas en formato dixital, deberase adxuntar unha copia en CD (TIFF para PC // BN en escala de grises // color:cuatricomía).
- A organización non se responsabiliza das posibles roturas, deterioros ou extravíos das obras que serán obxecto dunha exposición pública, aínda que serán protexidas por un seguro en persoa ó seu coidado.
- As obras premiadas nas distintas categorías quedarán en poder do Concello de Arteixo, podendo ser utilizadas en soportes de difusión informativa e publicitaria durante un prazo máximo dun ano.
Entrega
As obras deberán ser entregadas no Rexistro Xeral do Concello ou enviadas por correo certificado ata o 10 de xaneiro de 2003. As obras traerán escrito ó dorso o título ou lema e virán acompañadas dun sobre pechado no que figurará o mesmo lema no exterior, e dentro, os datos personais do autor/a e fotocopia do D.N.I., así como un teléfono de contacto.
Premios
- Infantil
- 1º Colección Cómic: 50
- 2º Colección Cómic: 40
- 3º Colección Cómic: 30
- Xuvenil
- 1º Premio: 200
- 2º Premio: 150
- 3º Premio: 100
- Adulto
- 1º Premio: 500
- 2º Premio: 350
- 3º Premio: 250
- Mellor debuxante local
- 1º Curso de Debuxo e Animación por ordenador
Os premios en nengún caso serán acumulables, outorgándose o de maior cuantía
Xurado
O xurado, presidido polo Sr.Alcalde, estará composto por personas cualificadas deste campo artístico, recaendo a Secretaría no técnico responsable da O.I.X.. As decisións do xurado serán inapelables e, a xuízo deste, segundo a calidade das obras presentadas poderá declararse deserto algún dos premios.
|