Concello de Arteixo
Correo Novas Inicio
 
Comic
Teatro
Bailes de salón
Graffitis
Voluntariado
 
Indice

VII Certame de Cómic e Banda deseñada ART'eixo 2001-02


No Certame municipal de Cómic e Banda Deseñada que se celebrará no Concello de Arteixo os días 11 e de 12 de Xaneiro de 2002, establécense as seguintes


Bases


Participantes


Xoves artistas galegos ou residentes en Galicia segundo as seguintes categorías:

  • Categoría A (infantil): ata 14 anos
  • Categoría B (xuvenil): 15-22 anos
  • Categoría C (adulto): 23-30 anos

Condicións Xerais

  1. Poderánse presentar obras de autores/as individuais ou en grupos, sempre que estes estén formados por xoves da mesma categoría.
  2. Cada autor/a poderá presentar tantas obras como desexe.
  3. O tema concurso será libre.
  4. A técnica será libre e o formato será o seguinte:
    • Mínimo 1 páxina e máximo 10.
    • Tamaño máximo: 1 x 1,5 m.
  5. As obras deberán ser orixinais e protexidas con plástico ou cristal. No caso de obras realizadas en formato dixital, deberase adxuntar unha copia en CD (TIFF para PC // BN en escala de grises // color:cuatricomía).
  6. A organización non se responsabiliza das posibles roturas, deterioros ou extravíos das obras que serán obxecto dunha exposición pública, aínda que serán protexidas por un seguro en persoa ó seu coidado.
  7. As obras premiadas nas distintas categorías quedarán en poder do Concello de Arteixo, podendo ser utilizadas en soportes de difusión informativa e publicitaria durante un prazo máximo dun ano.

Entrega


As obras deberán ser entregadas no Rexistro Xeral do Concello ou enviadas por correo certificado ata o 31 de decembro. As obras traerán escrito ó dorso o título ou lema e virán acompañadas dun sobre pechado no que figurará o mesmo lema no exterior, e dentro, os datos personais do autor/a e fotocopia do D.N.I., así como un teléfono de contacto.


Premios

  • Categoría A (Infantil)
    • 1º Premio: 15.000Pts
    • 2º Premio: 10.000Pts
    • 3º Premio: 5.000Pts
  • Categoría B (Xuvenil)
    • 1º Premio: 35.000Pts
    • 2º Premio: 25.000Pts
    • 3º Premio: 15.000Pts
  • Categoría C (Adulto)
    • 1º Premio: 125.000Pts
    • 2º Premio: 75.000Pts
    • 3º Premio: 35.000Pts

Xurado


O xurado, presidido polo Sr.Alcalde, estará composto por personas cualificadas deste campo artístico, recaendo a Secretaría no técnico responsable da O.I.X.. As decisións do xurado serán inapelables e, a xuízo deste, segundo a calidade das obras presentadas poderá declararse deserto algún dos premios.


  |   Voluntariado   |   Graffitis   |   Bailes   |   Teatro   |   Comic   |   Indice   |