O comedor asistido é un servicio complementario do Centro de Maiores "A Baiuca" destinado ás persoas que teñan carné de socio do mencionado Centro; tamén é un servicio complementario da Axuda a Domicilio
Está asistido por profesionais e consiste en servir comidas elaboradas, quedando excluídas as dietas alimenticias específicas.(sérvese sen sal)
Os pagos faranse a fin de mes no Centro de Maiores "A Baiuca", na caixa do Concello, mediante domiciliación bancaria, ou ingreso directo nas contas habilitadas polo Concello de Arteixo para este fin.
Para continuar usando o servicio é necesario estar o corrente no pago. A existencia de débeda suporá a baixa no servicio.
O prezo da comida por día establécese en 5 .
O Concello subvencionará o custo ás persoas con menos ingresos. Para acceder á subvención é necesario presentalos datos económicos. O precio mínimo por comida será de 2 .
As persoas que soliciten comida para un mes completo contarán cunha subvención do 10%, que será aplicada no momento de realizar o pago.
O Comedor a domicilio terá un custo engadido de 1,50 por día, independientemente da subvención aplicada pola comida.
A comida solicitarase cunha antelación mínima de 24 horas. A renuncia ó servicio coa mesma antelación. De non avisar no prazo fixado cobrarase a comida servida e non consumida.