Centro de Formación Ocupacional (CFO)
O C.F.O. ofrece:
- Cursos de formación ocupacional, principalmente do Plan FIP, que son subvencionados pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e dirixidos a desempregados, aínda que tamén se organizan outros cursos e xornadas para tódolos públicos.
Este centro ten homologadas as seguintes especialidades formativas, para impartir cursos do Plan FIP:
- Cociñeiro
- Carpinteiro
- Camareiro
- Maquinista de confección industrial
- Ofimática
- Xardineiro
Estas especialidades impártense en dous centros: un centro de hostelería, que se ubica na parroquia de Vilarrodis, donde se imparten os cursos de cociñeiro e camareiro, e outro centro en Oseiro, na Urbanización Sol y Mar, donde se imparten os demáis cursos.
Para este ano 2002, solicitáronse os seguintes cursos (saíran aprobados a primeiros de marzo):
- 1 de cociñeiro
- 1 de camareiro
- 2 de ofimática
- 3 de maquinista de confección industrial
- Servicio Galego de Colocación. Desde que se implantou o Servicio Galego de Colocación, no ano 1997, formamos parte da rede de centros asociados a este servicio, para as seguintes tarefas:
- Información
- Captación e tratamento das ofertas de traballo
- Tratamento das demandas de emprego
O tratamento das ofertas implica a mecanización, seguimento e peche das mesmas.
Demandas: realízaselle unha entrevista persoal ó demandante de emprego para cubri-lo impreso do currículum vitae. Unha vez codificado, introdúcese no programa informático, pasando a formar parte da base de datos do S.G.C. O demandante de emprego pode solicitar orientación laboral.
Modificacións do currículum, que o demandante pode solicitar en calquer momento.
Contactar
Coordinadora: Amparo Esmoris Buño
Centro de Formación Ocupacional
Edificio de Servicios Sociales
Rúa Ría de Noia, 2 - 2 andar
15142-Arteixo (A Coruña)
Horario de atención ó público
luns - venres: 9 - 14 h
Telf: 981 640 726/981 640 836
Fax: 981 641 166
correo-e: amparo.esmoris@arteixo.dicoruna.es