Resumo das actividades desenvolvidas no C.F.O. no ano 2001
No ano 2001 impartíronse 4 cursos de formación ocupacional do Plan FIP, subvencionados pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude:
- 1 curso de cociñeiro
- 1 curso de aplicacións informáticas de oficina
- 2 cursos de maquinista de confección industrial
Impartiuse un curso de informática interactiva para nenos, en colaboración coa Asociación Cultural Brisa.
Impartíronse os seguintes cursos organizados polo propio centro:
- 4 cursos de informática para adultos
- 1 cusrso de informática para nenos
- 1 curso de cociña para adultos
Organizáronse unhas Xornadas Navideñas, nas que se impartiu un módulo de cociña navideña e outro de arte floral.
Para este ano 2002, solicitáronse os seguintes cursos (saíran aprobados a primeiros de marzo):
- 1 de cociñeiro
- 1 de camareiro
- 2 de ofimática
- 3 de maquinista de confección industrial
Servicio Galego de Colación
- Tramitáronse 304 demandas (entrevista co demandante de emprego, codificación e mecanización na base de datos).
- Realizáronse 85 modificacións de currículums
- Tramitáronse 59 ofertas
Galimprego
Participamos na 3ª Feira da Formación e o Emprego, organizada pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, que se celebrou no Palacion de Congresos e Exposicións de Santiago, os días 15, 16 e 17 de marzo.
Organizouse unha xornada sobre Economía Social e Cooperativismo, en colaboración coa Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Tivo lugar o día 6 de outubro de 2001, no Centro Cívico Cultural. Asistiron sobre 50 persoas
|