VI Edición Arteixo Solidario "Ponte no seu lugar" 4 e 5 de xullo de 2003
Arteixo Solidario é unha chamada de Solidariedade, á comunidade de Arteixo, a favor dunha sociedade máis xusta, solidaria e tolerante.
O Concello de Arteixo apoia proxectos solidarios, estimula tareas de voluntariado e celebra xornadas de participación con ONG's.
No que vai de ano 2003, o Concello participou nos seguintes proxectos:
- Cooperación con INTERED: Dotación á Biblioteca Ambulante de Sapucaia (Brasil)
- Operación Enlace MANOS UNIDAS: Construcción de un Centro de Formación Agropecuaria de Piauí (Brasil)
- Convenio con ECOS DO SUR: Casa do Gaiato (Mozambique)
- Axuda ó Sáhara: "Vacacións en Paz" e "Imos da-la lata"
Arteixo Solidario conta coa colaboración de diferentes colectivos sociais que apoian estas iniciativas (Voluntariado Xuvenil, Aulas de Adultos, Asociacións do Concello). Tamén neste Ano Europeo das Persoas con Discapacidade, queremos promover a súa participación, contando coa súa colaboración.
Coa solidariedade de tod@s, resultará máis doado atallar necesidades básicas para conquerir unha comunidade máis xusta, solidaria e tolerante
Programa de Actos
- Venres 4
- TEATRO, CANTO E DANZA
Hora: 19.00 horas
Lugar: Auditorio Centro Cívico
- Sábado 5
- FEIRA SOLIDARIA
Hora: 11.00 horas
Lugar: Avenida do Balneario
Colaboran
As ONG'S que colaboran son Solidariedade Internacional, Ecos do Sur, Eco Desarrollo Gaia e InteRed. Tamén colaboran neste Ano Europeo da Discapacidade, as asociacións APEM de A Coruña, ASPRONAGA, AFACO, ALCER e A Escada de Culleredo
|