A Oficina de Información Xuvenil é un servizo municipal onde os veciños e veciñas máis xoves do Concello (de 15 a 30 anos) poden atopar toda a información que necesiten sobre:
Ademáis de contar co asesoramento necesario nestes temas, a O.I.X. conta cunha sala de autoconsulta onde calquera persona pode utilizar libremente os ficheiros dispoñibles, consultar as distintas publicacións xuvenís que se reciben na Oficina, ver os anuncios e informacións expostos nos taboleiros, ... e proporcionarnos as súas suxerencias nun buzón destinado para tal fin. Asemade, e facendo a solicitude con antelación, este lugar pode ser utilizado como lugar de reunións.
Si xa estás informado/a e o que queres é acción, tamén estás no lugar axeitado porque dende a O.I.X. organízanse distintas actividades donde os xoves son os protagonistas.
Oficina de Información Xuvenil
Local de Educación e Xuventude
Avda. dos Bosques, 16
15142 - Arteixo (A Coruña)
Telf: 981 64 72 94
Correo-e: ramon.castro@arteixo.dicoruna.es
lúns - venres: 9 - 14 h
martes e xoves: 16 - 17 h