O compromiso é: achegar a información e orientación solicitada ao momento, ou de non ser posible, no prazo dun día coa fórmula de contacto establecida pola persoa usuaria. Facilitarlle e procurarlle os procedementos administrativos con outros departamentos municipais ou servizos da administración. Crear e manter actualizada unha páxina web que permita a interacción dos usuarios, así como un boletín mensual dixital solicitable por correo electrónico. Ofrecer becas de colaboración á mocidade que premita ao Departamento coñecer os intereses, necesidades e demandas.