O servizo municipal de turismo e normalización lingüística

Segundo a profesora Mª Teresa Cabré i Castellví, os servizos de normalización lingüística son "unidades de traballo, dentro dun organismo complexo, que organizan e resolven todas as necesidades que o organismo ten sobre a lingua e os modelos lingüísticos que terá que utilizar para resolver os seus documentos de traballo, co obxectivo de vehicular as súas comunicacións co exterior, coa finalidade de se relacionar profesionalmente dentro do organigrama, así como para contribuír á extensión social do uso da lingua propia".

Un concello ou unha empresa que pretende transmitir unha imaxe de calidade ten que coidar a lingua que utiliza para promocionar os seus proxectos ou os seus produtos e para relacionarse coa cidadanía e cidadáns coa súa clientela e cos seus provedores, do mesmo xeito que fai cando se preocupa por coidar aspectos coma a súa imaxe corporativa, a embalaxe dos seus produtos ou a imaxe externa das súas instalacións.

Unha administración moderna, eficaz e ao servizo da poboación préstalle máis importancia á racionalización e simplificación dos procedementos, á información cidadá e á linguaxe de comunicación coa veciñanza.

A constitución de servizos lingüísticos na Administración Local é a mellor forma de responder ás anteditas necesidades, de aí que a Xunta de Galiza promova tanto o mantemento dos xa existentes coma a constitución doutros.

Funcións dos servizos municipais de normalización lingüística

Consonte os criterios da antedita profesora, os servizos de normalización lingüística desenvolverán o seu labor tanto no aspecto lingüístico coma no sociolingüístico.

ASPECTO LINGÜÍSTICO
  • Tradución de textos e de documentos.
  • Corrección documental.
  • Deseño da documentación formal.
  • Elaboración de glosarios de termos e inventarios de fraseoloxía.
  • Resolución de consultas lingüísticas ou terminolóxicas.
  • Organización da capacitación lingüística do cadro de persoal.
ASPECTO SOCIOLINGÜÍSTICO
  • Elaboración das propostas de dinamización, regulación dos usos e perfís lingüísticos.
  • Información sobre o status legal da lingua e sobre os criterios de regulación do seu uso.
  • Elaboración e seguimento do Plano Municipal de Normalización Lingüística.
  • Coordinación con outros servizos lingüísticos.
  • Proposta de actuacións de dinamización lingüística.

Organización

O servizo municipal de normalización lingüística ten que contar con persoal especializado que posúa unha boa formación lingüística e con coñecementos de planificación e dinamización lingüística.

O servizo lingüístico contará, asemade, coa dotación bibliográfica imprescindíbel para o exercicio das súas funcións, por mor da especificidade dos seus cometidos.

Quen pode solicitar os servizos do departamento de turismo e normalización lingüística?

Este departamento, á parte do seu labor interno, tamén lle presta os seus servizos a calquera persoa particular, empresa, asociación ou entidade que os demande tanto de asesoramento coma de tradución ou corrección de textos e, mesmo de tramitación de subvencións para fomentar o uso social da lingua galega; lingua vehicular utilizada nas publicaciÃóns e materiais de dinamización turística.

Proxecto toponimia de Galiza

Realizouse o Proxecto Toponimia de Galiza neste concello polo que tamén se presta asesoramento toponímico.

Publicacións

Publicacións que sairán no ano 2008

  1. Calendario Galego Municipal 2009
  2. Reedición guía turística

Cursos de Lingua Galega

Este departamento tramita todos os anos cursos para obter os certificacos de lingua galega (CELGA), a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Impártense, tamén, cursos de Lingua Galega para Estranxeiros.

Se desexades máis información contactade connosco na Casa do Concello ou no teléfono: 981 600 009. Correo-e:normalizacion.linguistica@arteixo.dicoruna.es.