As molestias derivadas do reparto ou rega de xurros en distintas zonas rurais, esencialmente para os cidadáns alleos a actividades do sector agrogandeiro, fan necesara a divulgación dunhas prevencións, recomendacións e consellos que deben atenderse para corrixir prácticas incorrectas por parte de quen as realiza, así como ao propio tempo, informar á cidadanía en xeral sobre determinadas actuacións que encubertas por unha presunta ilegalidade, poden ser obxecto de adopción de medidas na orde sancionadora.
As recomendacións que se recollen de seguido, están avaliadas por normas xerais derivadas do noso ordenamento xurídico, e cómpre matizar inicialmente que nas accións do regado débense diferenciar concretamente:
É unha actividade lícita e en moitos casos aconsellable para dotar as leiras, os montes, os herbais, etc., de nutrientes nitroxenados. A utilización dos xurros con esta finalidade está suxeita unicamente a unhas prevencións presididas polas boas prácticas agrarias tendentes a producir as menores molestias posibles. Aínda por moito que se extremen tales prácticas, para minimizar os riscos ás augas ou as molestias por cheiros que se derivan delas, o responsable da rega, deberá atender eminentemente ás seguintes:
Esta acción prodúcese cando non existe finalidade nin necesidade de fertilizar terreos agrarios e a superficie destes utilízase para desfacerse dos xurros dunha explotación gandeira. Neste suposto non son suficientes as boas prácticas e máximo respecto por que realice a rega, senón que ademais está suxeito a control das operacións que realice:
A seguinte relación comprende a modo de resumo os supostos que se poden dar e as consecuencias que se poderían derivar de tales supostos:
| Suposto que podería producirse | Consecuencias diante de queixas |
|---|---|
| Fertilización: Se non se gardan as proteccións debidas ás augas superficiais ou subterráneas | Sería denunciable diante de Augas de Galicia (Consellería de Medio Ambiente) |
| Fertilización: Se na rega de xurros non se gardan as distancias a pozos, fontes ou bebedoiros de gando | Sería denunciable diante de Augas de Galicia (Consellería de Medio Ambiente) |
| Fertilización: Regar con xurro de porco a menos distancia de 200 metros de lugares habitados | Sería denunciable diante da Delegación Provincial da Consellería do Medio Rural |
| Fertilización: Incumprir calquera alternativa prevista para destinar os xurros ao abono de leiras (balsas irregulares, non dispoñer de superficie suficiente para fertilizar ou non eliminar debidamente os xurros) | Sería denunciable diante da Delegación Provincial da Consellería do Medio Rural |
| Xestión de residuos: Retirar xurros de granxas ou explotacións gandeiras diversas, sen estar habilitado como xestor de residuos | Sería denunciable diante da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente |
| Xestión de residuos: Entregar os xurros dunha granxa ou explotación a unha persoa que non estea habilitada como xestor de residuos | Sería denunciable diante da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente |
| Xestión de residuos: Utilizar terreos, prados ou montes para repartir os xurros sen finalidade de fertilizar (Depósito non autorizado) | Sería denunciable diante da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente |
Calquera cidadán interesado en concretar aspectos desta información, pode dirixirse ao Departamento de Medio Ambiente do Concello, ben persoalmente, ou contactando co teléfono 981 64 18 16 ou a través de telefax 981 64 18 15.
Entre todos temos que reconvir que canto máis se extremen as boas prácticas na correcta aplicación das regas de xurro, máis asumible vai ser por parte dos veciños afectados considerar a conveniencia da fertilización das leiras con abonos naturais orgánicos.
1Feito público por Orde do 07 de setembro de 1999 (DOG 181) da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria da Xunta de Galicia
2Real Decreto 324/2000, do 3 de marzo, (BOE 58), polo que se establecen normas básicas de ordenación das explotacións porcinas
3Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal (BOE nº99)
4Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos (BOE nº96)