Expedición de comunicacións e autorizacións de queima

Chamar o teléfono:

902 112 000


Condicións xerais

  • Prohíbese as queimas de residuos agrícolas ou forestais na época de alto risco de incendios forestais.
  • Compre a comunicación para realizar queimas de restos agrícolas amoreados en terreos situados a menos de 400 metros do monte.
  • Precísase autorización para queimas de restos forestais, amoreados ou non, en terreos agrícolas ou forestais, para queimas controladas en matogueiras, pastizais, cercados ou similares.
  • As comunicacións e autorizacións son só para queimar residuos agrícolas ou forestais, quedando prohibida a queima de calquera outro tipo de residuo.

Prescricións do lume

Desde tempos moi remotos Galicia sempre tivo un alta tradición cultural no emprego do lume que aínda persiste hoxendía. O abandono paulatino do monte e a gran complexidade a hora de desenvolver unha xestión forestal sostible fai que se acumule nel grandes cantidades de biomasa residual. O uso do lume, en condicións especiais, é unha boa ferramenta para eliminar esta biomasa residual.

O uso do lume mediante queimas prescritas (1) ten o seguintes obxectivos:

  • Usos silvícolas no seu sentido estricto.
  • Prevención e control dos Incendios Forestais.
  • Ordenación de pastos.
  • Ordenación da vida silvestre e recursos cinexéticos.
  • Control de pragas e enfermidades.
  • Mellora da paisaxe.

(1) A Sociedade de Forestais Americanos define queima prescrita como:

"A aplicación experta do lume aos combustibles forestais, no seu estado natural ou modificados, baixo condicións meteorolóxicas precisas, que permitan confinar o lume nunha área predeterminada e ao tempo producir a intensidade de calor e velocidade de propagación requiridas para acadar obxectivos específicos de ordenación".