Combouzas
Na marxe esquerda linda co areal de Barrañán quedando separada desta polas rochas durante a preamar. Pola marxe dereita limitada coa Punta do Compás, que é un saínte rochoso da plataforma continental o cal resgarda a praia do vento con compoñente NE. Precisamente, é na beira das rochas da Punta do Compás na zona onde existen as correntes máis fortes aumentando nesta zona o perigo do baño. A orografía vese alterada especialmente -neste areal- de ano en ano, observándose variacións cuantitativas na espesura da area por mor da dinámica oceánica.
O aspecto máis peculiar, é o de ser un dos poucos areais nudistas da provincia da Coruña e, sen dúbida o máis grande da zona con esta característica. A afluencia de visitantes soe ser constante, detectándose suaves incrementos durante a fin de semana, pero sen seren tan notábeis como na veciña Barrañán.
Cabe sinalar que recentemente fixéronse obras de mellora para facilitar o acceso aos discapacitados. Concretamente, realizouse unha rampla de baixada directa ao areal e acondicionouse unha zona para aparcamento a pe de praia exclusiva para discapacitados.
Características xerais
| Lonxitude da praia | 400 metros |
| Anchura media en baixamar | 60 metros |
| Anchura media en preamar | 15 metros |
| Afluencia media diaria | 175 persoas (media dos últimos 4 anos) |
| Grado de urbanización | Semiurbana |
| Paseo Marítimo | Si |
Características físicas
| Tipo de árido | Area fina |
| Color do árido | Gris claro |
| Natureza | Sil cea calcárea |
| Condicións de baño | Normalmente ondada forte e ventosa |
| Nudista | Si |
Xestión ambiental
| Análises periódicos das augas de baño | Si |
| Nº de puntos de toma de mostra | 1 |
| Nº de papeleiras en area | 10 materia orgánica | 10 materia inorgánica |
| Contedores de lixo | Materia orgánica, inertes, vidro, papel e pilas |
| Servizo de limpeza | Diario |
| Nº de sanitarios | 2 fixos |
| Nº de duchas | 6 |
| Recollida das augas residuais | Fosa séptica impermeabilizada que se valeira periódicamente segundo as necesidades |
| Zonas verdes nas proximidades | Si |
| Fomento de transporte sostible | Paseo marítimo, carril bici, accesibilidade camiñando e transporte público frecuente |
| Prohibición de animais domésticos | Si |
| Paneis ambientais informativos | Si |
| Bandeira azul (anos de concesión) | 2007 |
Seguridade
| Equipo de vixilancia e salvamento | Si |
| Nº de socorristas | 2 (3 fin de semana) |
| Primeiros auxilios | Si |
| Nº de persoal primeiros auxilios | 1 técnico |
| Horario de socorristas | 11:30 a 20:00 horas |
| Sinalización de perigo | Si |
| Bandeira verde, amarela e vermella | Si |
| Policía Local | Si | 981 60 00 60 |
| Teléfono de emerxencias | 112 |
Hospital máis preto
| Nome | Servicio de Saúde Sergas, Arteixo |
| Enderezo | Arteixo |
| Teléfono | 981640384 |
| Distancia aproximada | 4,5 Km |
Accesibilidade a discapacitados
| Sanitarios adaptados | Si | Número | 2 |
| Acceso a praia adaptado | Si |
| Material adaptado | Cadeira anfibia para discapacitados físicos |
Rede viaria e aparcamento
| Estrada ou vía máis próxima | CP 0514 (Estrada Arteixo-Caión) |
| Autobús | Interurbano |
| Aparcamento | Si | Nº de prazas > 100 |