Barrañán

Unha das características máis peculiares de Barrañán, e que cabe salientar, é o cordón dunar de gran importancia ambiental e que compre ser respectado e protexido por todos os usuarios. Outro aspecto a ter en conta, son as algas que bota o mar e que se deben conservar - por formaren parte do equilibrio ecolóxico - a non ser que a súa acumulación ou putrefacción poidan ser molestas e insalubres para a poboación

Barrañán

Na marxe esquerda da praia atópase a desembocadura do río Sisalde localizándose nese punto dúas grandes rochas denominadas Pedras do Esteiro, que orixinan conxuntamente coa escorrenta da auga do río unha forte corrente moi perigosa, que desaconsella o baño nesa zona, sobre todo durante o tempo que dura a baixada da marea.

Outro accidente importante é o Illote de Guimarán, situado na zona centro da praia, máis ou menos a 1000 metros da beiramar. Durante a baixamar tamén ten influencia sobre as correntes desta zona centro e tamén sobre as da ría, que conflúen cara ese illote, pero de preamar a influencia é mínima nun día normal.

Finalmente hai que facer referencia á chamada Pedra Ouriceira, situada fronte á zona do Posto Norte, a carón do Areal das Combouzas, que orixina fortes correntes nas súas proximidades a ambos os dous lados, especialmente cando a marea está baixando.

Características xerais
Lonxitude da praia1200 metros
Anchura media en baixamar55 metros
Anchura media en preamar12 metros
Afluencia media diaria566 persoas (media 2001 -2005)
Grado de urbanizaciónSemiurbana
Paseo MarítimoSi
Características físicas
Tipo de áridoArea fina
Color do áridoGris claro
NaturezaSil cea calcárea
Condicións de bañoNormalmente ondada forte e ventosa
NudistaNon
Xestión ambiental
Análises periódicos das augas de bañoSi
Nº de puntos de toma de mostra2 (zona de río e marxe dereita)
Nº de papeleiras en area15 materia orgánica15 materia inorgánica
Contedores de lixoMateria orgánica, inertes, vidro, papel e pilas
Servizo de limpezaDiario
Nº de sanitarios10 fixos2 móbiles
Nº de duchas6
Recollida das augas residuaisFosa séptica impermeabilizada que se valeira periódicamente segundo as necesidades
Zonas verdes nas proximidadesSi
Fomento de transporte sostiblePaseo marítimo, carril bici, accesibilidade camiñando e transporte público frecuente
Prohibición de animais domésticosSi
Paneis ambientais informativosSi
Bandeira azul (anos de concesión)2001-2002
Seguridade
Equipo de vixilancia e salvamentoSi
Nº de socorristas6
Primeiros auxiliosSi
Nº de persoal primeiros auxilios1 técnico
Horario de socorristas11:30 a 20:00 horas
Sinalización de perigoSi
Bandeira verde, amarela e vermellaSi
Policía LocalSi981 60 00 60
Teléfono de emerxencias112
Hospital máis preto
NomeServicio de Saúde Sergas, Arteixo
EnderezoArteixo
Teléfono981640384
Distancia aproximada3 Km
Accesibilidade a discapacitados
Sanitarios adaptadosSiNúmero2
Acceso a praia adaptadoSi
Material adaptadoCadeira anfibia para discapacitados físicos
Rede viaria e aparcamento
Estrada ou vía máis próximaCP 0514 (Estrada Arteixo-Caión)
AutobúsInterurbano
AparcamentoSiNº de prazas > 100