Trátase dunha pequena cala que presenta cantos na parte traseira a carón do paseo marítimo. A Punta do Petón a delimita na súa marxe dereita coa Area Grande, quedando comunicadas as dúas praias na baixamar. Durante a preamar e en época de mareas vivas o areal queda cuberto pola auga. Debido a esta disposición entre dous acantilados, as correntes adoitan ser moi fortes e perigosas pero esta proximidade entre os dous cantís proporciona un abrigo moi eficaz minguando considerablemente a acción do vento. En definitiva, trátase dunha praia moi perigosa para o baño pero moi aconsellábel para o descanso.
| Lonxitude da praia | 70 metros |
| Anchura media en baixamar | 38 metros |
| Anchura media en preamar | 135 metros |
| Afluencia media diaria | 65 persoas (media 2003 -2005) |
| Grado de urbanización | Semiurbana |
| Paseo Marítimo | Si |
| Tipo de árido | Area fina |
| Color do árido | Gris claro |
| Natureza | Sil cea calcárea |
| Condicións de baño | Normalmente ondada forte. Resgardada do vento |
| Nudista | Non |
| Análises periódicos das augas de baño | Si | |
| Nº de puntos de toma de mostra | 1 | |
| Nº de papeleiras en area | 3 materia orgánica | 3 materia inorgánica |
| Contedores de lixo | Materia orgánica, inertes, vidro, papel e pilas | |
| Servizo de limpeza | Diario | |
| Nº de sanitarios | 2 | |
| Nº de duchas | 1x4 | |
| Recollida das augas residuais | Fosa séptica impermeabilizada que se valeira periódicamente segundo as necesidades | |
| Zonas verdes nas proximidades | Si | |
| Fomento de transporte sostible | Paseo marítimo, carril bici, accesibilidade camiñando e transporte público frecuente | |
| Prohibición de animais domésticos | Si | |
| Paneis ambientais informativos | Si | |
| Bandeira azul (anos de concesión) | - | |
| Equipo de vixilancia e salvamento | Si | |
| Nº de socorristas | 2 | |
| Primeiros auxilios | Si | |
| Nº de persoal primeiros auxilios | 1 técnico en Area Grande | |
| Horario de socorristas | 11:30 a 20:00 horas | |
| Sinalización de perigo | Si | |
| Bandeira verde, amarela e vermella | Si | |
| Policía Local | Si | 981 60 00 60 |
| Teléfono de emerxencias | 112 | |
| Nome | Servicio de Saúde Sergas, Arteixo |
| Enderezo | Arteixo |
| Teléfono | 981640384 |
| Distancia aproximada | 3 Km |
| Sanitarios adaptados | Non | Número | - |
| Acceso a praia adaptado | Non | ||
| Material adaptado | Non | ||
| Estrada ou vía máis próxima | CP 0514 (Estrada Arteixo-Caión) | |
| Autobús | Interurbano | |
| Aparcamento | Si | Nº de prazas > 100 |