Praia de Alba

Delimitada pola desembocadura de dúas correntes de auga doce: na marxe esquerda polo río Arteixo ou Bolaños, que flúe ao mar despois de atravesar polo lugar do Rañal e pola antiga zona de dunas, da que só quedan vestixios na actualidade e na marxe dereita polo Encoro de Rexedoiro.

Esta praia está orientada cara ao Noroeste, o que non impide que o mara penetre con toda a súa forza e orixine, unha vez máis, unha praia totalmente aberat e con grandes ondas.

Atópase situada ás costas do Polígono Industrial de Sabón, coa Central Térmica ao seu carón, na marxe dereita, polo que se denomina indistintamente cos dous nomes, aínda que se adoita reservar o nome de Alba para a zona situada detrás do Rañal e o de Sabón para a metade dereita da praia.

Praia de Alba

No límite Oeste, entre a desembocadura do río Bolaños e a Punta de Alba, orixínase unha forte corrente na zona denominada O Carreiro que transcorre a carón das rochas e que fai desta zona unha das máis perigosas de todas cantas levamos falando e que desaconsella calquera tipo de actividade acuática na zona. Igualmente ocorre no outro extremo da praia, na desembocadura do encoro do Rexedoiro, onde se orixina unha fortísima corrente que chega ate a Punta da Cancela.

O resto da praia non é especialmente perigosas polas correntes que se desenvolven, pero si o é pola forza do mar, que orixina grandes ondas en días nos que no resto da costa non existe unha forte ondaxe.

Praia de Alba
Características xerais
Lonxitude da praia800 metros
Anchura media en baixamar265 metros
Anchura media en preamar54 metros
Afluencia media diaria36 persoas (media 2003 -2005)
Grado de urbanizaciónZona industrial - Semiurbana
Paseo MarítimoSi
Características físicas
Tipo de áridoArea fina
Color do áridoGris escuro
NaturezaSil cea calcárea
Condicións de bañoOndada forte
NudistaNon
Xestión ambiental
Análises periódicos das augas de bañoSi
Nº de puntos de toma de mostra1
Nº de papeleiras en area10 materia orgánica10 materia inorgánica
Contedores de lixoMateria orgánica, inertes, vidro, papel e pilas
Servizo de limpezaDiario
Nº de sanitarios8
Nº de duchas2x3
Recollida das augas residuaisFosa séptica impermeabilizada que se valeira periódicamente segundo as necesidades en Sabón e rede de sumidoiros no Rañal
Zonas verdes nas proximidadesSi
Fomento de transporte sostiblePaseo marítimo, carril bici, accesibilidade camiñando e transporte público frecuente
Prohibición de animais domésticosSi
Paneis ambientais informativosSi
Bandeira azul (anos de concesión)-
Seguridade
Equipo de vixilancia e salvamentoSi
Nº de socorristas6
Primeiros auxiliosSi
Nº de persoal primeiros auxilios1 técnico
Horario de socorristas11:30 a 20:00 horas
Sinalización de perigoSi
Bandeira verde, amarela e vermellaSi
Policía LocalSi981 60 00 60
Teléfono de emerxencias112
Hospital máis preto
NomeServicio de Saúde Sergas, Arteixo
EnderezoArteixo
Teléfono981640384
Distancia aproximada2 Km
Accesibilidade a discapacitados
Sanitarios adaptadosSiNúmero2
Acceso a praia adaptadoSi
Material adaptadoNon
Rede viaria e aparcamento
Estrada ou vía máis próximaCP 0514 (Estrada Arteixo-Caión)
AutobúsInterurbano
AparcamentoSiNº de prazas > 100