Augas

Cando escoitamos polos medios de comunicación que se están a enviar satélites espaciais a Marte para investigar a existencia de auga, podémonos dar conta da transcendencia que este composto ten para o desenvolvemento da vida.

Por outro lado, a escaseza e a potabilización da auga son dous dos factores que marcan o desequilibrio entre o primeiro e o terceiro mundo. Incluso nos países desenvolvidos, a xestión da auga estase a converter nun tema de confrontación social e política.

Emporiso, a sensibilización en prol dun consumo e uso racional da auga é esencial. Tamén, se debe minimizar a contaminación das augas para facilitar a súa depuración. Así os residuos líquidos - como aceites, produtos de limpeza, etc.- non os debemos botar polos sumidoiros de augas residuais, senón que cómpre achegalos ao Punto Limpo situado no Polígono de Sabón.

Punto limpo
Horario
De luns a venres: 9:30 a 13:00 e de 15:30 a 19:00
Sábados: 9:00 a 14:00
Teléfono
607 265 919

A empresa concesionaria para a xestión integral da auga do Concello de Arteixo é Augarsa.

Augarsa
Horario
De luns a venres de 8:00 a 20:00 para todo tipo de xestión
Todos os días, 24 h, para avarías
O horario de oficina é de luns a venres de 9:00 a 13:00 h e os xoves de 16:30 a 18:30
Teléfono
902 366 036