Educación ambiental

Que é a EA?

A educación ambiental, é un proceso formativo permanente a través do que as persoas e as comunidades toman conciencia do seu medio. É unha dimensión global das persoas e colectivos sociais, que nas súas diversas manifestacións e prácticas promove o coñecemento, interpretación e concienciación sobre as diferentes problemáticas ambientais, activando competencias e valores dos que se deriven actitudes e comportamentos congruentes coa ética ecolóxica que se precisa para participar na construcción dun desenrolo humano sostible.

Obxectivos xerais da Educación Ambiental.

Toma de conciencia: promover unha toma de conciencia crítica e sensible respecto do medio ambiente, dos seus problemas e dos riscos que comporta o seu deterioro para o conxunto da humanidade, así como para a calidade da vida.

Coñecementos: axudar aos cidadáns a adquirir unha comprensión básica do medio ambiente na súa totalidade, dos problemas relacionados e da presencia e función da humanidade nel, o que entraņa unha responsabilidade crítica.

Actitudes: promover e desenvolver actitudes, valores e comportamentos ambientais, congruentes cun pensamento e unha ótica ecolóxica orientada por criterios de solidariedade, equidade e xustiza social.

Aptitudes: desenvolver aptitudes acordes cunha concepción integral e sistémica do ambiente, mediante a que se posibilite unha compresión básica das principias cuestións ambientais.

Avaliación: axudar ás persoas e aos grupos sociais a avaliar as medidas e os programas de educación ambiental en función dos factores ecolóxicos, políticos, económicos, sociais, estéticos e educativos.

Participación: incentivar a participación social ( individual e colectiva ), para que tomen conciencia da urxente necesidade de prestar atención aos problemas do medio ambiente, para asegurar que tomen medidas ao respecto.