O Homo sapiens é unha especie que ten unha grande adaptabilidade ao planeta Terra. Nel conviviu harmoniosamente milleiros de anos ata que a busca incesante dunha mellora da calidade de vida fixo que esta consonancia se rachara. Foi na Revolución Industrial iniciada na Gran Bretaña e estendida máis tarde a outros países cando esta especie comezou a incidir no medio drasticamente, someténdoo a grandes modificacións e transformacións que quebran boa parte dos equilibrios naturais que fan posible toda manifestación de vida. Si ben é certo que a calidade de vida dende aquela se multiplicou, é evidente que a forma de desenvolvemento adoptada é inadecuada, polos graves trastornos ambientais que xera, poñéndoo en perigo a perdurabilidade, non so de esta especie, senón de cantas outras viven con ela.
Os núcleos urbanos actuais son un claro exemplo de insustentabilidade debido a que son uns grandes consumidores de recursos naturais -xeralmente non renovabeis- e tamén uns grandes xeradores de residuos que moitas veces non se tratan adecuadamente ou se emiten libremente a atmosfera, aos acuíferos ou ao solo. O medio rural está sometido a unha producción esaxerada para cubrir as necesidades alimenticias das urbes provocando a fatiga e o deterioro das terras de cultivo, ate o limite de converterse en improductivas. As actividades industriais son xeralmente focos de contaminación, debido especialmente a que na transformación da materia prima en productos non se alcanzan nunca rendementos do 100 % e as veces utilizase materia nos procesos intermedios que non se inclúe no producto final. O resultado destes factores adversos é o deterioro dos elementos físicos -auga, aire, solo, clima e paisaxe- que son a soporte dos ecosistemas naturais e artificiais co conseguinte prexuízo para os seres vivos.
Conscientes diso, os gobernos de 173 países celebraron en 1992 en Río de Janeiro a Conferencia sobre Medio Ambiente e o Desenvolvemento, auspiciada polas Nacións Unidas, e emanando desta o compromiso de que protección ambiental e desenvolvemento deben ser afíns. O resultado desta reunión -máis coñecida como Cumio da Terra- foi a Axenda Local 21 que é un programa para promover o desenvolvemento sostíbel global mediante accións locais, abranguendo non so aspectos ambientais, senón tamón os económicos e os sociais. Mediante a Axenda Local 21 incídese nas peculiaridades e singularidades de cada ente local, establecendo as medidas correctoras e protectoras pertinentes que permitan un avance económico e social en harmonía coa conservación do medio. Para conseguir este propósito resulta esencial a motivación e a participación de todos os sectores da sociedade -políticos, cidadáns, empresarios, membros de asociacións, ong´s, etc.- .
No Concello de Arteixo conflúen factores tan diversos como son a industria, núcleos urbanos, núcleos rurais, explotacións agrícolas, gandeiras e forestais e un elevado crecemento demográfico que fan deste pobo un sistema complexo onde as liñas de actuación para encamiñarse a sustentabilidade deben ter varios referentes. O departamento de Medio Ambiente ven de elaborar a diagnose ambiental do Concello de Arteixo que é o paso previo para a implantación da Axenda Local 21. Está diagnose tivo por obxectivo o de coñecer a situación social, económica e ambiental do concello co gallo de definir o Sistema Local de Arteixo. Para elo hai que avaliar e ponderar aspectos como a demografía, infraestructuras, organización e xestión municipal, ordenación do territorio, factores socioculturais, medio natural local e aspectos ambientais clave -residuos, augas, atmósfera, enerxía, solo e transporte e mobilidade- . Unha vez definido o Sistema Local de Arteixo establecerase o Plan de Acción con unhas liñas de actuación determinadas que teñen a finalidade de atallar as deficiencias e problemas atopadas na diagnose. Para vixiar a efectividade e o cumprimento do Plan de Acción definiranse uns indicadores representativos da realidade do Concello de Arteixo que permitan seguir a evolución do proceso e constatar os avances logrados. Os resultados acadados nestas etapas serán comunicados a todos os axentes sociais e a poboación en xeral.
En definitiva, o desenvolvemento sostíbel ten por obxectivo a mellora da calidade de vida e o benestar social sempre que se faga un uso racional dos recursos naturais e isto so será posíbel ca participación e concienciación de todos os cidadáns para a súa consecución.
Descargar la Axenda Local 21 en Arteixo (pdf)