Resolución á dúbidas máis frecuentes
- ¿Quén pode participar no Proxecto?
- No curso 2005-2006, todo o alumnado de 1º e 2º curso da ESO do IES de Pastoriza; de 1º e 2º curso de Bacherelato do IES de Sabón e os ciclos formativos de Electricidade (Ciclo Medio) e Administración e Finanzas (Ciclo Superior) do IES de Sabón.
- ¿Canto costa o ordenador?
- Para o curso 2005-2006 o precio do ordenador varía en función do curso no que se matricule o alumno, xa que os anos de seguro e garantía varían. A Fundación Amancio Ortega aporta para cada ordenador o 50% do custe total, sendo a cantidade que ten que asumir cada familia do seguinte xeito:
- 1º ESO --- 867.10 euros
- 2º ESO --- 800.40 euros
- 1º BACH -- 800.40 euros
- 2º BACH -- 760.01 euros
- CICLOS FORMATIVOS -- 800.40 euros
- ¿Cal é o trámite a seguir?
- O alumnado que queira participar debe recoller o sobre da solicitude no seu Instituto nos prazos que se determinan, e solicitalo alí. Xunto á solicitude debe entregar a documentación que se lle indica no propio sobre. Así mesmo, a sinatura dos responsables do alumno (nai, pai ou titor/a) e a súa conformidade co regulamento é imprescindible para xestionar a documentación.
- A presentación de documentación faráse no Dpto. de Xuventude (Edf. Servicios Múltiples / Trav. Arteixo 249 3º / 15142 Arteixo).
- ¿Que é a Comisión de Baremación?
- Unha vez recibida a documentación, cada familia é definida polas súas características económicas, familiares e laborais. A Comisión de Baremación está constituída pola Concelleira de Educación, representante da Fundación, representante dos Centros e unha Asistenta Social. A Comisión reúnese unha vez rematado os prazos de entrega de solicitudes e dalle unha puntuación a cada familia segundo as súas características; esa puntuación corresponde a un porcentaxe de subvención que será outorgada á familia, de xeito mensual ó longo do período de estancia mínimo do alumno no centro educativo.
- ¿Ata cando o podo pedir?
- Salvo casos excepcionais, as solicitudes céntranse só no período de matrícula.
- ¿Cales son as axudas que podo recibir?
- As axudas que se conceden son do 5, 20, 35, 50, 70, 85 e 100%. Sen embargo, algunhas familias con boas características económicas e familiares non reciben subvención. Se os datos facilitados pola familia non son suficientes, ou están en desacordo co estipulado pola Comisión, poden solicitar unha revisión polos Servicios Sociais, que emitirán un informe.
- As axudas do concello ingresaránse na conta determinada pola familia mensualmente. Para acadar a cantidade que lle corresponde a cada familia ó mes. Só hai que facer a seguinte operación matemática (cuota mensual do instituto) x (% de subvención)/100.
- ¿É preciso o apoio na entidade bancaria?
- Sí. O Banco Pastor, o banco Gallego e a Caixa Galicia son as únicas entidades colaboradoras no ano 2005-2006. A familia escollerá con que entidade desexa suscribir o préstamo, coas seguintes cantidades mensuais:
- 1º ESO -- 18.06 euros durante 4 anos
- 2º ESO -- 22.23 euros durante 3 anos
- 1º BACH -- 33.35 euros durante 2 anos
- 2º BACH -- 63.33 euros durante 1 ano
- CICLOS FORMATIVOS -- 33.35 euros durante 2 anos
- ¿Qué podo e non podo facer co ordenador?
- Cada centro creará un regulamento de uso do ordenador, polo que calquera dúbida ó respecto debe ser feita en cada centro educativo.