Esta festa ten as súas raices na cultura celta
Este pobo cría en moitos deuses e celebraba catro grandes festas ó ano. Estas tiñan lugar os corenta días dun solsticio ou dun equinocio. A máis popular era a do Samaín, un culto ós mortos e unha crenza, que no día adicado a este deus abríase unha comunicación entre o seu mundo e o noso para que eles puideran visitar os seus achegados.
Parece ser que foi no século IX cando a igrexa decidiu cristianizar os vellos costumes de ir polas casas pedindo comida e preparar banquetes para os mortos que volvían de visita. Así naceu a festa de Tódolos Santos ou Halloween. Os disfraces que lembran seres do outro mundo, as caveiras, sustituidas polas cabazas, para dar lume e quentar as ánimas... non son máis ca lembranza dos nosos antergos en sintonía con outros pobos celtas coma o irlandés, que foi quen exportou a festa de Halloween o novo mundo.
entre táboa e táboa
hai un home que non fala
(o defunto)
¿que é unha cousa
que entra no río e non se molla?
(a sombra)
¿que nace na devesa
e chega á casa
e pon tristeza?
(a caixa dos mortos)
ten un dente
e chama pola xente
(a campá)
Fotos do Samaín 2004.