Escudo do Concello

Primaria

Consumir sen consumirse

Neste bloque tentamos analizar o tema da "alimentación e a nutrición " desde unha óptica concreta: "as comidas fóra de horas, os snacks, as lambetadas, etc..." O noso obxectivo fundamental é evidente, pretendemos demostrar a necesidade de abordar o tema altamente motivador e de gran importancia para a saúde actual e futura dos nenos e nenas que hoxe estudan E. P. O consumo deste tipo de produtos achégalle á súa dieta cantidades, ás veces moi altas, de graxas, azucres e aditivos (ingredientes fundamentais das "lambonadas" de máis consumo), que descompensa a súa dieta e entraña riscos que soen converterse en problemas reais para @s consumidor@s máis nov@s.

A finalidade principal é que analicen as lambetadas que consumen, comproben os seus ingredientes e observen que poden desequilibrar a súa dieta se as consumen en exceso.

En busca dos valores perdidos

Con esta actividade afondamos nas relacións, porque educar implica necesariamente intercambio e relación, por iso consideramos que, debido ás idades para as que está pensada esta actividade, a expresión das diferenzas e o recoñecemento das outras e dos outros, é previr a violencia e facilitalo proceso para que os conflitos sexan unha fonte de desenvolvemento e aprendizaxe.

Non pretendemos transformar toda a realidade, pero si axudar a que o alumnado mire a esa realidade dun xeito máis crítico e se relacione con ela dun xeito máis humano.

  • Superar os estereotipos sexistas
  • Sacar á luz a singularidade de cada nen@
  • Dar valor ao traballo e ás achegas das mulleres
  • Cuestionar o modelo de masculinidade violenta
A saúde

Tendo en conta que a adolescencia é unha idade de transición caracterizada polos grandes cambios físicos, psíquicos e sociais, esta actividade está xustificada, aínda que só sexa para informar das opcións das que @s adolescentes dispoñen cando saen á rúa, para que vexan o que os rodea desde un punto de vista crítico e non como os demais queren que o vexan, para axudarlles a entender que tamén poden "estar á última" dun xeito san e saudable.

Polo dito pensamos que un dos temas que máis problemática xera nestas idades é o trastorno alimentario (anorexia e bulimia). Lembremos que nestas idades se busca intensamente a propia identidade persoal pola integración dos cambios fisiolóxicos e sociais, até chegar a un concepto da propia persoa diferenciada. ¿Por que non axudar nesta difícil decisión?

Día da pequeciencia

Na súa tarefa de fomentar, desde a infancia, unha cultura da Ciencia e a Tecnoloxía, a Concellaría de Educación proponlle a todos os centros educativos do Concello, facer un esforzo conxunto para desenvolver o programa "PEQUECIENCIA" e que este se converta nun elemento de progreso a nivel educativo.

Con este programa preténdese convidar @s máis novos a facer ciencia e a divertirse con ela. Porque pensamos que a ciencia está en todas partes e descubrir de que xeito intervén na nosa vida diaria pode proporcionarlles unha base excelente para o seu posterior desenvolvemento con éxito na vida.

Coñece o teu Concello

A realización de visitas guiadas a centros de interese do concello constitúe o eixe central deste programa. A súa elección supón unha oferta para os centros de ensino que propicia a conexión entre a escola e o territorio, aproximando aos rapaces e rapazas ao funcionamento global do municipio no que viven a través de distintas rutas:

  • 1. Ruta industrial: Bonilla-LEYMA
  • 2. Ruta dos Servizos Públicos: Centro dos vellos da Baiuca - Centro Cívico Cultural, Protección Civil, Parque de bombeiros, Casa do CONCELLO - Policía Local.
  • 3. Ruta informativa: La Voz de Galicia - Radio local
  • 4. Ruta histórica: Taller de restauración de coches antiguos "Ángel Jove", Manuel Murguía (O Froxel - San Tirso de Oseiro)
Educación vial

O programa de Educación Vial consiste nunha serie de charlas amenizadas con proxeccións, vídeos e material de apoio para o alumnado, que son impartidas por membros da Policía Local, coa finalidade de fixar costumes ou hábitos positivos nos escolares como viaxeiros ou peóns.

Este programa levarase a cabo con todos os ciclos educativos que así o soliciten nas datas que se concreten cos distintos centros ao longo do curso escolar.

Simulacros de evacuación

Esta actividade constará dunhas instrucións sinxelas e prácticas co fin de que sirvan como un verdadeiro medio de actuación da Comunidade Escolar no momento de ter que responder e actuar diante dunha situación de emerxencia que se dea nos edificios escolares.

O obxectivo principal dos simulacros de evacuación é a creación de uns hábitos de comportamento na autoprotección que acompañen @ nen@ durante toda a súa vida.

Actividades extraescolares

As actividades extraescolares dirixidas á infancia e á mocidade escolarizada nos centros do municipio buscan unha intervención pedagóxica que pretende a creación dunha actitude positiva cara ao tempo de lecer a través da creación de situacións diversas para producir o disfrute, recrear a aprendizaxe , promover novas afeccións, xerar a busca de valores ...

Actividades medioambientais

A pesar de que a Educación Ambiental sexa un tema transversal, desde as Concellarías de Educación e Medioambiente, pretendemos darlle un enfoque multidisciplinar para acadar deste xeito unha realidade global na que os aspectos sociais, culturais e naturais se interrelacionen, para acadar así un conxunto vivo e dinámico en vez dunha suma de elementos inconexos. En definitiva o que pretendemos é unha serie de actividades que desemboquen nunha acción tendente ao cambio de actitudes, para conservar o medio natural e melloralo.

PERCORRIDOS:O litoral arteixán / A fraga de Sisalde

Animación a lectura

Presentamos o Programa de "Animación á Lectura" cun obxectivo prioritario: fixar hábitos lectores no alumnado dos centros educativos municipais. Para iso hai que axudarlles a adquirir a sensibilidade e os criterios que os capaciten para identificar e ler con satisfacción e sentido os mellores títulos.

Pretendemos ademais que por un momento se esquezan da tele, da video-consola e do ordenador e que xoguen e se divirtan con algo tan simple e grandioso como é a imaxinación.

  • 1.EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA:
    • Visitas
    • Programas escolares
    • Contacontos
    • Animación á lectura coa participación de escritores
Actividades culturais

Toda a programación que se presenta desde o departamento municipal de cultura está presidida por un bo nivel profesional e artístico, apoiado por unha bagaxe didáctica de primeira liña, polo que pretende ser un referente para os centros escolares.

  • 1.EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA CONCERTO DIDÁCTICO que tenta achegar aos e ás alumnas á expresión musical como resultado das distintas manifestacións culturais e das diversas tendencias innovadoras que, como función social ten a música ao longo do tempo.
  • 2.PARA TODOS OS CENTROS ESCOLARES XORNADAS DE TEATRO AFECCIONADO. Representación de obras de teatro montadas nos colexios, representacións teatrais para nenos e nenas e actividades de animación.
  • 3.EXPOSICIÓNS E ACTOS CULTURAIS PUNTUAIS