Os nenos e nenas destas idades son consumidores e consumidoras que se atopan nun nivel moi básico do seu proceso de formación, e, polo mesmo, moi vulnerables ao bombardeo consumista.
O tema elixido, alimentación e nutrición, centrado no consumo de lambetadas, vainos servir como eixo vertebrador no traballo da clase.
Nos primeiros anos da escola póñense as bases dos comportamentos posteriores, dos principios éticos; por iso cremos este un bo momento para comezar a traballar a igualdade e a diferenza. Isto axudará a que no futuro non se empreguen estereotipos, que desenvolvan a autoestima valorando as propias capacidades e as dos demais. É dicir, dotar a nenos e nenas dunhas habilidades para valorar a participación como medio.
É evidente que os nenos e as nenas, adolescentes, persoas adultas e vellas son sexuadas, teñen intereses sexuais e expresan en determinadas condutas a súa sexualidade. Pero non é menos certo que a sexualidade cambia en relación coa idade, de xeito que en cada período da vida ten características propias. Traballar o sentido e o específico da sexualidade infantil é o que nos propoñemos con este obradoiro.
Coa chegada do Nadal, un ano máis o emisario das súas maxestades de Oriente, visitará os colexios de Educación Infantil, para que todos os nenos e nenas teñan a posibilidade de facer as súas peticións.
Para que nenos e nenas poidan disfrutar da súa oportunidade de pensar como investigadores, facendo uso das súas capacidades innatas como a curiosidade, a fascinación polo novo, a capacidade de preguntarse, de explorar e transformar o seu propio mundo. Estes elementos permítenlle construír coñecemento e apropiarse da tecnoloxía e,ao mesmo tempo, xera posibilidades de recoñecemento no seu propio entorno. O obxectivo desta iniciativa é sacar a ciencia á rúa e poñela ao alcance de todo o mundo.
O programa "Coñece o teu concello" engloba un conxunto de recursos á disposición dos distintos centros educativos que son o froito do traballo e a colaboración de distintos colectivos, empresas, institucións que nos amosan Arteixo desde a súa orixe até o proxecto de futuro polo que actualmente está atravesando. Coa colaboración de todos facemos posíbel o coñecemento do concello no que vivimos.
Levaranse a cabo actividades específicas segundo a ruta elixida por cada centro:
Esta actividade constará dunha instrucións sinxelas e prácticas co fin de que sirvan como un verdadeiro medio de actuación da Comunidade Escolar no momento de ter que responder e actuar diante dunha situación de emerxencia que se dea nos edificios escolares.
O obxectivo principal dos simulacros de evacuación é a creación duns hábitos de comportamento na autoprotección que acompañen @ nen@ durante toda a súa vida.
Coas actividades extraescolares non só se busca "xogar por xogar", que é no que se pensa cando se trata do tempo de lecer, senón que tratan de fixar a adquisición de habilidades e destrezas, desenvolvela creatividade, promocionar hábitos saudables, fomentar actitudes positivas de solidariedade e cooperación...
Presentamos o Programa de "Animación á Lectura" cun obxectivo prioritario: fixar hábitos lectores no alumnado dos centros educativos municipais. Para iso hai que axudarlles a adquirir a sensibilidade e os criterios que os capaciten para identificar e ler con satisfacción e sentido os mellores títulos.
Pretendemos, ademais, que por un momento se esquezan da tele, da vídeo-consola e do ordenador e que xoguen e se divirtan con algo tan simple e grandioso como é a imaxinación.
Toda a programación que se presenta desde o departamento municipal de cultura está presidida por un bo nivel profesional e artístico, apoiado por unha bagaxe didáctica de primeira liña, polo que pretende ser un referente para os centros escolares.
CONCERTO DIDÁCTICO que tenta achegar aos e ás alumnas á expresión musical como resultado das distintas manifestacións culturais e das diversas tendencias innovadoras que, como función social ten a música ao longo do tempo.
XORNADAS DE TEATRO AFECCIONADO. Representación de obras de teatro montadas nos colexios, representacións teatrais para nenos e nenas e actividades de animación
Co desexo de seguir traballando cos centros educativos na defensa e a promoción dos dereitos humanos, propoñemos a realización deste programa de actividades en conxunto xa que a PAZ é obxecto de interese e de compromiso para todos nós.
O programa de actividades para os nenos e nenas de Educación Infantil, para este día será o seguinte: