Escudo do Concello

Programa de educación 2004-2005

A Concellaría de Educación presenta as actividades coas que desexa colaborar cos centros educativos municipais na procura dunha acción formativa complementaria de cara a este curso 2004-05.

No plano comunitario a Concellaría de Educación pretende ser unha ferramenta preventiva que permita o entronque dos tres sistemas socializadores fundamentais (familia-escola-sociedade) e quere favorecer o encontro entre os distintos axentes educativos e sociais que poden dar solución a unha problemática concreta e local da comunidade de Arteixo. Para que a Concellaría de Educación poida cumprir este obxectivo de proxección social precisa a estreita colaboración dos centros educativos, xa que é aí onde se atopan os destinatarios finais dos nosos programas.

Na procura de chegar a un maior número de nen@s achegamos a cada ciclo educativo actividades distintas pero cun obxectivo común : " Tomar conciencia de onde estamos para saber cara a onde queremos chegar coa nosa intervención".