A roupa, o calzado e todo o relacionado co culto ao corpo está cada vez máis presente no mundo xuvenil. Os rapaces e rapazas de Ed. Secundaria e Bacharelato empezan a verse influídos por este mundo de maiores. Con só mirar as revistas que hai no mercado dirixidas a este sector, descóbrese que os anuncios son fundamentalmente de lambetadas, roupa, calzado... por iso os obxectivos que se formulan para esta actividade son basicamente dous:
Para construír a igualdade e previr a violencia contra a muller desde a educación secundaria cómpre promover catro condicións xerais en torno ás cales se estruturan obxectivos específicos:
Sabemos da importancia que ten a educación sexual na xuventude, sobre todo na prevención da transmisión do Virus de Inmunodeficiencia Humana (VIH). Por iso apostamos pola creación deste obradoiro educativo buscando favorecer a sensibilización e achegamento a este tema entre @s moz@s.
Na súa tarefa de fomentar, desde a infancia, unha cultura da Ciencia e a Tecnoloxía, a Concellaría de Educación proponlle a todos os centros educativos do Concello, facer un esforzo conxunto para desenvolver o programa "PEQUECIENCIA" e que este se converta nun elemento de progreso a nivel educativo.
Con este programa preténdese convidar á mocidade a facer ciencia e a divertirse con ela. Porque pensamos que a ciencia está en todas as partes e, descubrir de que xeito intervén na nosa vida diaria, pode proporcionarlles unha base excelente para o seu posterior desenvolvemento con éxito na vida.
A realización de visitas guiadas a centros de interese do concello constitúe o eixe central deste programa. A súa elección supón unha oferta para os centros de ensino que propicia a conexión entre a escola e o territorio, aproximando aos rapaces e rapazas ao funcionamento global do municipio no que viven a través de distintas rutas:
O programa de Educación Vial consiste nunha serie de charlas amenizadas con proxeccións, vídeos e material de apoio para o alumnado, que son impartidas por membros da Policía Local, coa finalidade de fixar costumes ou hábitos positivos nos escolares como viaxeiros ou peóns.
Este programa levarase a cabo con todos os ciclos educativos que así o soliciten nas datas que se concreten cos distintos centros ao longo do curso escolar.
Esta actividade constará dunhas instrucións sinxelas e prácticas co fin de que sirvan como un verdadeiro medio de actuación da Comunidade Escolar no momento de ter que responder e actuar diante dunha situación de emerxencia que se dea nos edificios escolares.
O obxectivo principal dos simulacros de evacuación é a creación duns hábitos de comportamento na autoprotección que acompañen @ nen@ durante toda a súa vida.
A pesar de que a Educación Ambiental sexa un tema transversal, desde as Concellarías de Educación e Medioambiente, pretendemos darlle un enfoque multidisciplinar para acadar deste xeito unha realidade global na que os aspectos sociais, culturais e naturais se interrelacionen, para acadar así un conxunto vivo e dinámico en vez de unha suma de elementos inconexos. En definitiva, o que pretendemos é unha serie de actividades que desemboquen nunha acción tendente ao cambio de actitudes, para conservar o medio natural e melloralo.
PERCORRIDOS: O litoral arteixán / A fraga de Sisalde
Toda a programación que se presenta desde o departamento municipal de cultura está presidida por un bo nivel profesional e artístico, apoiado por unha bagaxe didáctica de primeira liña, polo que pretende ser un referente para os centros escolares.
Representación de obras de teatro montadas nos colexios, representacións teatrais para nenos e nenas e actividades de animación