Os nenos e nenas destas idades son consumidores e consumidoras que se atopan nun nivel moi básico do seu proceso de formación, e, polo mesmo, moi vulnerables ó bombardeo consumista.
@s alumn@s deste nivel non soamente adoptan, de xeito pouco informado, as súas decisións de compra nos pequenos gastos que controlan, senón que teñen gran influencia sobre os maiores. A súa capacidade de persuasión e insistencia fai que, ás veces, as persoas adultas adopten decisións contrarias ás súas propias conviccións "só por non escoital@s".
O tema elixido, alimentación e nutrición, centrado no consumo de golosinas e chucherías, vainos servir como eixo vertebrador no traballo da clase.
Neste bloque imos tentar analizar o tema da "alimentación e a nutrición " dende unha óptica concreta: "as comidas fóra de horas, os snacks, as chucherías, etc..." O noso obxectivo fundamental é evidente, pretendemos demostrar a necesidade de abordar o tema altamente motivador e de gran importancia para a saúde actual e futura dos nenos e nenas que hoxe estudian E. P. O consumo deste tipo de productos apórtalle á súa dieta cantidades, ás veces moi altas, de graxas, azucres e aditivos (ingredientes fundamentais das "chuches" de máis consumo), que descompensa a súa dieta e entraña riscos que soen converterse en problemas reais para @s consumidor@s máis xóvenes.
alidade principal é que os nenos e nenas analicen as lambetadas que consumen, comproben os seus ingredientes e observen que estas poden desequilibrar a súa dieta se as consumen en exceso:
Os xóvenes máis xóvenes de entre os xóvenes son, precisamente os que se sentan nas aulas de Ed. Secundaria. E a estas idades consideran que están no seu dereito de demandar o que a sociedade de consumo lles ofrece e opinan que a familia ten a obriga de proporcionárllelo. Eles e elas non están en posición de entender as posibles limitacións económicas familiares ou que a súa formación persoal esixe dicir que "non" ás súas contínuas peticións.
Por iso é tan importante que dende a escola se traballe o fenómeno do marquismo, para desmitificar o seu significado e para plantexar valores alternativos nos que os mozos e mozas descubran os valores polos que verdadeiramente a vida ten sentido: amistade, compañeirismo, felicidade compartida...
O grupo favorece o desexo de posuír a marca famosa, o producto máis caro, "o último do último". Todo se mide polo precio das cousas que se teñen, que levas postas encima, pola marca do teu pantalón, o reloxo, os tenis...
A roupa, o calzado e todo o relacionado co culto ó corpo está cada vez máis presente no mundo xuvenil. Os rapaces e rapazas de Ed. Secundaria empezan a verse influidos por este mundo de maiores. Con só mirar as revistas que hai no mercado deirixidas a este sector, descúbrese que os anuncios son fundamentalmente de golosinas, roupa, calzado... por iso os obxectivos que se plantexan para esta actividade son basicamente dous:
As actividades que se plantexan para este obradoiro están destinadas a analizar o fenómeno das marcas dende a propia realidade persoal. Comprobar que tódolos productos son "de marca", máis ou menos coñecidas; que as marcas coñecidas son máis caras precisamente por ser máis coñecidas, non por ser mellores; que a mesma marca pode atoparse máis barata dependendo da tenda en que se merque e que (nalgunhas ocasións) para vender unha marca dánselle ó producto cualidades que, normalmente, non ten.
Despois disto, pasarase a coñecer o que os e as participantes opinan das marcas, para pasar máis tarde a imaxinar novas alternativas.
Todo iso pode conseguirse analizando as marcas máis coñecidas e as menos coñecidas, analizando as etiquetas dos productos de marca, descubrindo o fenómeno marquista e analizándoo criticamente, buscando alternativas máis económicas ós productos de marca, analizando a publicidade de productos de marca, etc...
| infantil | primaria | secundaria | Indice |