Concurso de contos "Manuel Murguía"

A Concellaría de Cultura, contando coa colaboración do profesorado dos centros de ensino de Arteixo, convoca o XX Concurso de Contos "Manuel Murguía"

Bases

  1. Poderán participar todos os alumnos de Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP, e rapaces/zas entre 16-18 anos por libre.
  2. Cada participante só poderá presentar un conto coas seguintes características: escrito por unha soa persoa e cunha extensión entre 1 e 5 folios, podéndose presentar tanto manuscrito como en soporte informático. A temática e o estilo son libres pero deben ser inéditos e estar escritos en lingua galega.
  3. Establécense 3 CATEGORÍAS:
        1ª) PRIMARIA:

        A) Alumnos/as de Primeiro Ciclo (1º e 2º)

        B) Alumnos/as de Segundo Ciclo (3º e 4º)

        C) Alumnos/as de Terceiro Ciclo (5º e 6º)

        2ª) SECUNDARIA:

        A) Alumnos/as de Primeiro Ciclo (1º e 2º ESO)

        B) Alumnos/as de Segundo Ciclo (3º e 4º ESO)

        3ª) BACHARELATO, FP E XOVES ENTRE 16-18 ANOS
  4. PREMIOS:

    1 lote de libros para cada centro participante.

    1 lote de 5 libros para primeiro ciclo de primaria.

    2 vales por material informático por valor de 50 € para o segundo e terceiro ciclo de primaria.

    2 vales para material informático por valor de 60 € para os dous ciclos de secundaria.

    3 vales para material informático por valor de 100 € para Bacharelato, FP e xoves entre 16-18 anos.

  5. Os centros poderán presentar 3 contos por ciclo.
  6. No traballo só constará o título (ademais do ciclo e a categoría correspondente no caso dos centros escolares) e nun sobre á parte se fará constar o nome do autor/a e o título da obra (ademais do ciclo, categoría e centro escolar ao que pertence, no caso dos alumnos/as, e fotocopia do DNI, enderezo e teléfono de contacto no caso de participación libre).
  7. O prazo de entrega rematará o 31 de marzo ás 14:00 h, debendo entregarse os traballos no Departamento de Cultura (Centro Cívico Cultural de Arteixo. Tfno.: 981 64 18 03/12).
  8. O Concello de Arteixo numerará as obras mailas plicas, que se gardarán nun sobre pechado ata que o xurado emita o seu fallo.
  9. Os membros do xurado, nomeados pola Concellaría de Cultura, recibirán os contos xa clasificados e elixirán os mellores en cada categoría, valorando especialmente a creatividade da obra, tanto na escrita como nas ilustracións. Ningún premio poderá quedar deserto. A decisión do xurado será inapelable e comunicarase aos participantes o 17 de abril de 2008.
  10. A interpretación destas bases corresponde exclusivamente ao xurado. O feito de participar no certame supón a aceptación das presentes bases.
  11. A entrega de premios realizarase no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo o 23 de abril e asistirán os premiados e titores, ademais doutros alumnos/as invitados/as. Os premios serán entregados polos profesores e respresentantes do Concello e cada ciclo participante recibirá un diploma acreditativo.
  12. Posteriormente un xurado elixirá entre todos os contos premiados o "Murguía Infantil/Xuvenil 2008" participando o seu autor/a no acto oficial de entrega do PREMIO do 17º CERTAME "MANUEL MURGUíA" que terá lugar o 17 de maio de 2008.
  13. A interpretación das presentes bases corresponde exclusivamente ao xurado.