Talía Teatro achéganos esta visión do mundo aceda e cómica sobre a infancia, onde se pode constatar a distancia que separa aos grandes dos pequenos: malos entendidos cos pais, as cousas que fan que teñamos gana de facérmonos grandes e outras que mais ben dan gana de quedar pequenos... Elaborado a partir de seis sketchs, e co humor como elemento básico, trata de entreter e interesar a un público falto de espectáculos que falen da súa realidade.
García leva 17 anos preso no soto dun castelo. Rodrigo, un vello amigo seu, logra entrar na súa cela con intención de liberalo e, como parte dunha conxura secreta, erixilo en símbolo do rexurdimento do seu reino.
Unha operación arriscada e urxente que ten de ser realizado entre o morrer do día.
Máis Rodrigo topa cun García vencido que, temendo ser víctima dun novo engano ou afeito a estar preso, rexeita en principio a súa liberdade. No apuradísimo e perentorio tempo de querer convencelo, Rodrigo ten de acompañar a García por unha rememoración febril e desestructurada da súa azarosa vida.