MEDIDAS PREVENTIVAS lanza unha mirada irónica e crítica, non exenta de humor...negro, sobre as novas relacións e os novos comportamentos sociais. MEDIDAS desenfocadas e dirixidas a cidadáns de a pé, presuntos culpables nos seus actos cotiáns. MEDIDAS absurdas que venden protección a cambio da submisión, e seguridade a cambio de medo. MEDIDAS que converten aos cidadáns en policías de si mesmos.
Fragmentos de ficción ou sucesos dunha realidade que xa existe ou á que asistiremos en breve.
O xénero chico representa un dos momentos máis gloriosos do teatro breve español. A Gran vía, A Revoltosa, A verbena da Paloma, Auga, Azucariños e augardente, son posiblemente as máis famosas neste xénero. As liortas entre Julián e Susana, entre Felipe e Mari Pepa, entre Menexilda e a súa ama, o descaro dos Ratas teñen creado, as máis das veces, un ambente festivo, que pervive, con ledicia, na lembranza de moitas xeracións.
Maxiaterapia é un gran espectáculo de maxia e ilusionismo moi novedoso e creativo. É un espectáculo altamente participativo no que a xente non para de rir e asombrarse.
A vida da familia Pollack, pai, nai e dous fillos adolescentes, atópase nunha etapa difícil, de absoluta infelicidade sentimental e nunha complicada situación de precariedade laboral.
Esta "romántica" paisaxe aparécenos enmarcada polo mundo da mafia, ameazador e implacable, e o peculiar humor de Woody Allen, inevitablemente amargo, mesmo negro nesta ocasión.
Mago Martín presenta un espectáculo cheo de maxia, grandes dosis de humor e moita participación do público.
Atendendo o emotivo chamado do presidente Zapateiro de cara a xuntar esforzos para acadar unha alianza de civilizacións, Mofa e Befa resolveron facer unha significativa aportación a tan digna empresa, botando man do seu talento e creando, unha vez máis, unha obra de carácter didáctico que vai espallar por todo o planeta esta idea tan bonita do noso presidente estatal.
Nesta magna peza documental o espectador poderá ver de preto representantes das etnias máis estrafalarias; Romenos de Arousa, Moinantes Sicilianos e Flamencos Abertzales. Unha amalgama única que pasa por diante mesmo da romaría internacional, no que a cousas raras se refire.
Espectáculo de humor, no que dúas pandereteiras do rural contan as súas vivencias de familia durante o seu espectáculo musical de sona mundial. Risas ata "rachar".
Pegada a unha árbore calquera, sentas. Pechas os ollos e miras a cara da túa decepción e cara a túa Leticia. Non creo que exista máis verdade ca esa. Descobres as túas raíces cando te miras con atención, linda, tras un corpo de muller, que pretende ser etereo. Poderosa danza de lembranzas que che fan rir, chorar, amar, ... descobre, linda, que liberdade leva arigo femenino.
Caramuxo teatro plantexamos unha adaptación do libro de Lazarillo de Tormes nunha montaxe con seus actores, en clave de comedia en un novo formato para sala ou rúa.
Unha historia de fame e supervivencia que de seguro divertirá a toda a familia.