Certame de Narracións breves "Manuel Murguía"

Bases

  1. O Concello de Arteixo, para contribuír ó desenvolvemento da narrativa galega e honrar ó noso Patriarca, convoca con carácter anual o Premio "Manuel Murguía"
  2. Poderán concorrer tódolos autores que o desexen con unha única obra, de temática libre e escrita en lingua galega.
  3. Os relatos deben ser orixinais e inéditos, dunha extensión non inferior ós 15 folios nin superior ós 30.
  4. Os traballos presentaranse por cuadriplicado, mecanografados a duplo espacio, por unha soa cara e só co título da obra e un lema. Ademais, achegaranse nun sobre pechado o título, lema, nome, enderezo, teléfono e currículo do autor.
  5. As obras deben enviarse facendo constar no sobre "16º Certame Manuel Murguía de Narracións Breves", antes do 1 de marzo de 2007 ó seguinte enderezo.

    Concello de Arteixo

    Praza Alcalde Ramón Dopico, nº1

    15142 - Arteixo (A Coruña)

  6. Establécese un único premio dotado con 3665 euros, sometido á correspondente retención. O galardón pode declararse deserto ou ser repartido "ex aequo" entre dous autores.
  7. O xurado, constituído por membros de recoñecida solvencia, será designado polo Concello de Arteixo e fará pública a súa decisión inapelable no mes de maio de 2007.
  8. Os orixinais non premiados poderán ser devoltos, sempre que o soliciten os seus autores por escrito no prazo máximo de un mes a partir do fallo.
  9. O/s autor/es premiado/s renuncia/n ós seus dereitos no caso de que o Concello de Arteixo edito o/s texto/s e se fixer outras edicións fará constar que foi premiado neste certame.
  10. A interpretación destas bases corresponde exclusivamente ao xurado. O feito de participar no certame supón a aceptación das presentes bases.