A carreira disputarase en dúas modalidades; unha proba para carrilanas tradicionais (de madeira), e outra na que participen carrilanas de modelo libre. En calquera das dúas modalidades é obrigatorio o uso do casco, accesorio imprescindible para participar. En ambas modalidades, as carrilanas no deben ter ningún medio de propulsión que non sexa a súa propia inercia, ou a axuda dos pilotos.
O chasis , eixos e rodas, serán de madeira. Non se permiten casquillos, rodamentos nin similares entre a roda e o eixo, permitíndose calquera tipo de engraxe. Deberá xirar madeira contra madeira, as rodas non poden ir provistas con ningún tipo de cámara de aire, aínda que sí poderán recubrirse con gomas cravadas ou pegadas para facer máis segura a baixada. O sistema de freada é libre, por razóns de seguridade recomendamos que o fagades o máis sinxelo e seguro posible. É importante que as carrilanas presenten unhas mínimas garantías de seguridade, de non ser así poderán ser excluídas da carreira por parte da organización.
Nesta categoría tomarán parte todas aquelas carrilanas que estén feitas con calquera tipo de materiais, combinados de calquera maneira. Non se outorgan premios.
A cada participante, que no reciba ningún premio, se lle darán para gastos de carrilana e traslado 50 Euros. Non serán acumulativos coas carrilanas que leven premios.
Antes do 17 de outubro no servizo Municipal de Deportes do Concello de Arteixo ( Edificio de Servicios Múltiples ), ou ben chamando ao teléfono 981 60 00 09, EXT 2302 ( DEPORTES ) A condición para participar é ser maior de 18 anos e formalizar a inscrición no prazo marcado pola organización.