Outubro

GALICREQUES 06
 
Centros Cívicos
Festival Internacional de títeres
 

xoves 5

  • 11:00h Karromato (República Checa) " La fiesta del emperador " - Función escolar

venres 6

  • 11:00h El Abrojito (Arxentina) " Trapitos y Señales " - Función escolar

sábado 7

  • 18:00h Jungendzentrum Muselli (Alemaña) " La Princesa y el Fakir " - CCC Pastoriza

domingo 8

  • 13:00h Danthea Teatro (Galicia) " O Retablo de Maese Pedro " - CCC de Froxel
  • 18:00h Plansjet (Bélxica) " A Danza das Marionetas " - Auditorio CCC de Arteixo
 
venres 6
20:30 h
Auditorio
" A raíña da beleza de Leename "
de Teatro do Atlántico
Teatro profesional

Nunha humilde casa aillada de Leename, unha aldea do oeste de Irlanda, habita Maureen Folan, unha solteira de algo máis de corenta anos, coa súa nai Mag. Maureen é a única filla que queda solteira e tócalle coidar da nai; máis non a quere, a súa vida é un inferno. A aparición de Pato Dooley, un antigo soño de amor nos tempos da mocidade, cando Maureen era "a raíña da beleza" provoca un cataclismo emocional na dinámica daquela casa. A estructura familiar constituída por dous proxectos de vida incompatibles planea por riba do espectáculo, mentres que o destino das personaxes chega ata nós marcado pola emigración, o desexo, o implacable paso do tempo, a soidade, a locura...

  • Autor: Martin McDonagh
  • Dramaturxia e dirección: Xúlio Lago
  • Elenco: María Barcala, Teresa Horro, Marcos Vieitez e Rubén Ríos
ven. 13, sáb. 14 e dom. 15
 
Paseo Fluvial
Feira Histórica Arteixo 1900
 

venres 13

  • 22:00h "Os tres da comedia" " de Teatro do Tirinautas.

    Espetáculo cómico para tódolos público. Taberna Picadillo

  • Elenco: Isi, Melchor e Xabier

domingo 15

  • 19:00h "Memoria do 36" " de Teatro do Atlántico.

    Escolma poética cantada e recitada sobre a guerra civil e a represión en Galicia, Auditorio CCC de Arteixo

  • Dirección: Xúlio Lago
  • Elenco: Pilocha, María Barcala, Xosé Luis Bernal (Farruco) e Xúlio Lago acompañados ao piano por Xavier Constenla
venres 20
20:30 h
Auditorio
" Arma baixo control "
de Antonomaxia
Maxia

Un espectáculo de maxia feito con beneplácito de Amnistía Internacional para que todas as armas do mundo se transformen en pompas de xabón

  • Direccíon: Mago Antón
venres 27
20:30 h
Auditorio
" A ópera de a patacón "
de Teatro do Aquí
Teatro profesional

Esta ópera conta en clave de comedia musical unha historia onde os delincuentes son os protagonistas. A trama desenvólvese en Londres, no ano en que as augas xeadas do Támese baixaban cheas de cadáveres mortos de frío. Un grupo de bandidos representan o espectáculo operístico que ameniza anualmente a festa da Asociación dos Amantes da Ópera italiana. Esta banda de atracadores, especialistas en caixas de seguridade e crímenes anónimos, faise cunha cantidade incalculable de diñeiro coa intención de escenificar a historia de "Mackie Navallas" e quedar coa volta.

  • Autor: Roberto Vidal Bolaño, sobre textos de John Gay e Bertold Bretch
  • Dirección: Marcos Orsi
  • Elenco: Xoán Carlos Mejuto, Pepa Yáñez, Ledicia Sola e Luis Iglesia
  • Músicos en escea: Javier Debesa, Cándido Lorenzo e Xabier Camba